José Ambrós Gordillo

mestre e político español

José Ambrós Gordillo, nado en Badaxoz o 6 de maio de 1900[1] e finado en Ferrol o 25 de agosto de 1936, foi un mestre e político español.

Infotaula de personaJosé Ambrós Gordillo
Biografía
Nacemento6 de maio de 1900 Editar o valor em Wikidata
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre en Mañón. En 1934 foi nomeado mestre da escola de Porto do Cabo en Vilarrube (Valdoviño).[2] Membro da FETE da UGT e militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas o 25 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".

Recoñecementos editar

O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre.[3]

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 119. 
  2. El Compostelano, 23-4-1934, p. 1.
  3. "Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar