Frutos Burgos Ramos

mestre e político español

Frutos Burgos Ramos, nado en Casla (Segovia) en decembro de 1899, foi un mestre e político español.

Frutos Burgos Ramos
Nacementodecembro de 1899
 Casla
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de mestra, con 17 anos fíxose mestre. Seguidor da Institución Libre de Enseñanza. Foi mestre interino en San Ildefonso e noutras escolas da provincia de Segovia. En 1927 conseguiu praza en Paraños (Covelo), onde casou con Luisa Costa Sampedro. Coa proclamación da Segunda República foi presidente da Comisión Xestora do concello de Covelo[1]. En agosto de 1931 foi destinado a Gáldar (Illas Canarias). Foi o primeiro presidente da FTE-UGT das Palmas en 1932[2], presidente da directiva da Federación Obreira de Gáldar e participou no II Congreso da FTE en abril de 1933. Colaborou en La Prensa de Santa Cruz de Tenerife. En agosto de 1933 foi destinado a Pantín (Valdoviño). En febreiro de 1936 foi elixido alcalde de Valdoviño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse un tempo en Pontevedra e despois fuxiu a Portugal. Foi xulgado en Ferrol por rebelión e declarado en rebeldía. A súa muller e fillos maltratados fóronse a Covelo. O seu pai foi ingresado nun campo de concentración en Segovia. Foi separado do servizo e dado de baixa na escala en 1940[3]. Exiliouse na República Dominicana en 1940[4].


Predecesor:
Emilio Rodríguez Varela
  
Alcalde de Valdoviño
 
1936
Sucesor:
Nicolás Pazos Rodríguez

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar