Rei Bruxo de Angmar

O Rei Bruxo de Angmar tamén coñecido como Señor dos Nazgûl ou Capitán Negro, é un personaxe ficticio da saga d'O Señor dos Aneis creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien.

Rei Bruxo de Angmar
Personaxe de O Silmarillion e O Señor dos Aneis
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Alcume «Señor dos Nazgûl»,
«O Capitán Negro»,
«Dwimmerlaik»
Raza Nazgûl, posiblemente en vida dúnadan
Sexo Masculino
Nacemento Segunda Idade do Sol
Falecemento 15 de marzo de 3019 T. E.,
Campos de Pelennor, Gondor
Título «Rei Bruxo de Angmar»,
«Rei de Morgul»
Residencia Númenor,
Angmar,
Minas Morgul
Perfil en IMDb

Tódolos Nazgûl portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o Rei Bruxo de Angmar, esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a Batalla dos Campos de Pelennor, levaba unha "espada longa e pálida" que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de Minas Tirith, e logo de chegaren os Rohirrim, brandiu unha maza nun duelo contra Éowyn.

Historia

editar

Despois do afundimento de Númenor, pasou a ser o máis temido servo de Sauron e na Terceira Idade instalouse no zona setentrional das Montañas Bretemosas, no Reino de Angmar. Dende alí, enfrontouse a Arnor, o reino dos exiliados descendentes dos Numenorianos ata que en 1975 T.E. Arvedui, derradeiro rei de Arthedain, viuse obrigado a fuxir ante a invasión de Angmar e morreu conxelado nas augas do norte.

O fillo do rei Eärnil II de Gondor, Eärnur, acudiu cunha inmensa frota dende o sur e desembarcou en Mithlond onde se lle uniron os Noldor e se reuniron en Annúminas cun exército vido de Valfendido ó mando de Glorfindel. Alí o Rei Bruxo fuxiu deles e repregouse en Fornost, en cuxa chaira levouse a cabo a Batalla de Fornost. Naquela ocasión foi detido por Glorfindel, quen profetizou que "non caerá por man de home algún" pero aquela derrota obrigou ó Rei Bruxo a fuxir ó sur. Tomou Minas Ithil e pasou a chamala Minas Morgul, a torre da feiticería. Anos despois, Eänur accedeu ó trono de Gondor e foi retado polo Señor dos Nazgûl a combate singular. A pesar dos consellos de Malbeth, Eärnur precipitouse ó combate e deste xeito desapareceu o último rei de Gondor.

Na Guerra do Anel, ó final da Terceira Idade da Terra Media, acoitelou a Frodo cun Puñal de Morgul na Cima dos ventos, esta ferida nunca sandaría de todo. O Rei Bruxo sucumbiu durante a Batalla dos Campos de Pelennor, pero non foi un home quen o derrotou. Éowyn, a sobriña do rei de Rohan acabou con el, coa axuda do hobbit Meriadoc Brandigamo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar