Ramón Rivero de Aguilar

avogado e político galego


Ramón Rivero de Aguilar Otero, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 9 de maio de 1957, foi un fiscal e político galego.

Infotaula de personaRamón Rivero de Aguilar

Retrato da voda con Mª Mercedes Díaz de Rábago, Vida Gallega, 1931. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ramón Rivero de Aguilar Otero Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 1957 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Fiscal
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfiscal , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Rivero de Aguilar Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé María Rivero de Aguilar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1923, e doutorouse ao ano seguinte. En 1925 era profesor auxiliar na Facultade de Dereito. En 1930 aprobou as oposicións á fiscalía e foi nomeado fiscal da Audiencia de Pontevedra pasando en 1933 a fiscal da Audiencia da Coruña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse voluntario e foi nomeado tenente auditor e exerceu como fiscal nos consellos de guerra, entre eles o de Alexandre Bóveda para quen solicitou a pena de morte.[1]

En agosto de 1939 foi nomeado Secretario Técnico do Servizo Nacional de Prisións e en setembro de 1940 Fiscal de Tasas na provincia de Segovia e despois nas de Palencia, Santander e Zaragoza, para converterse en xaneiro de 1945 en Fiscal Provincial de Tasas de Pontevedra. Permaneceu nese posto até que en 1950 foi trasladado a Madrid como fiscal da Audiencia e, dous anos despois a Pamplona. En 1954 foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo. Finou en Madrid nun accidente de aviación en 1957.

Vida persoal editar

Casou con María de las Mercedes Díaz de Rábago Paseiro en 1931[2], e logo do falecemento desta, coa súa irmá María Teresa Díaz de Rábago Paseiro.

Notas editar

  1. César Lorenzo (1 de decembro de 2016). "O fiscal que acusou a Bóveda e tantas outras historias da familia Rivero de Aguilar". Biosbardia. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2016. 
  2. El Compostelano, 7-1-1931, p. 2.