Abrir o menú principal

José María Rivero de Aguilar

militar e político galego

José María Rivero de Aguilar Otero, nado en Santiago de Compostela e finado en Ribasar (Rois) o 19 de xullo de 1972,[1] foi un militar e político galego.

José María Rivero de Aguilar
José María Rivero de Aguilar 1925.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1925.
 Santiago de Compostela
Falecemento19 de xullo de 1972
 Ribasar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña. Militar formado en África dende 1921. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi encargado polos golpistas para ordenar o tráfico ferroviario e poñelo a disposición das necesidades bélicas na xefatura do Servicio Nacional de Ferrocarriles. Tenente Coronel de Enxeñeiros, en 1944 foi nomeado Director Xeral de Renfe. En agosto de 1951 foi nomeado subsecretario do Ministerio de Obras Públicas, permanecendo no posto até abril de 1955.

Por herdanza familiar foi propietario do pazo do Faramello, onde faleceu aos 73 anos. Foi soterrado na capela de Alva da Catedral de Santiago de Compostela.

Vida persoalEditar

Casou en Santiago de Compostela con María de Lourdes Portela Rivas en 1927.[2]

RecoñecementosEditar

Foi nomeado fillo adoptivo de Vilagarcía, Monforte de Lemos e Ribeira e predilecto en Santiago de Compostela.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 20-7-1972, p. 12.
  2. El Compostelano, 9-12-1927, p. 3.

Véxase taménEditar