Ramón Piñeiro Beiro

membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

Ramón Piñeiro Beiro[1] é un sindicalista e militante independentista galego, que foi membro da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos e do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.[2] O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal,[3] polo cal foi detido ás poucas horas e condenado pola Audiencia Nacional.

Infotaula de personaRamón Piñeiro Beiro
Actividade
Membro de

Traxectoria editar

En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Piñeiro Beiro encargouse de conducir o coche onde ía secuestrado o garda xurado, o cal foi abandonado na vila da Pastoriza. O garda xurado estivo unha hora atado e amordazado no asento traseiro até que foi liberado pola Garda Civil.[4]

Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá,[5] comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.[6][7] Segundo declaracións de Piñeiro, a morte ocurreu "de maneira aleatoria" e que o obxectivo da operación non era asasinar o axente, senón roubar as súas armas. Piñeiro Beiro foi detido ás poucas horas xunto a outro dos membros, Manuel Quintáns López, cando se atopaban agochados nun barranco preto da estrada. Foron descubertos coa pistola do vixilante xurado e a do garda civil morto.[4]

Piñeiro Beiro foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Francisco Javier Filgueira, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo.[3] En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.[8]

Notas editar

  1. "Juzgan a un ex guerrilheiro por el asesinato de un guardia civil en 1989". La Voz de Galicia. 28 de febreiro de 2003. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  2. "El 'guerrilleiro' Ramón Piñeiro dice ante el juez que no pretendían matar". El País. 7 de febreiro de 1989. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "A ex-militante do Exército Guerrilheiro 'Sefa' Rodríguez Porca, en liberdade definitiva". Nós Diario. 5 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Condenado a 72 años de cárcel un miembro del Exército Guerrilheiro por matar a un guardia civil". El Mundo. 27 de xuño de 2003. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  5. "Condenan a 72 años al «guerrilheiro» Quintáns por el atentado de Irixoa". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2003. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  6. "Josefa Rodríguez Porca, 83 años por atentado con muerte del Exército Guerrilleiro". Faro de Vigo. 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  7. El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» Arquivado 24/10/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 7/4/03
  8. "O Tribunal Supremo, recoñece que a morte dun garcla civil en lrixoa non foi intencionada" (PDF). A Nosa Terra. 11 de abril de 1996. Consultado o 6 de outubro de 2023.