Josefa Rodríguez Porca

membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

Josefa Rodríguez Porca "Sefa",[1] nada en Irixoa cara a 1962, é unha militante independentista galega, que foi membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.[2] O 2 de febreiro de 1989, liderou a primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal,[1] pola cal foi condenado pola Audiencia Nacional a 84 anos de cadea.

Modelo:BiografíaJosefa Rodríguez Porca
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Irixoa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Membro de

Traxectoria

editar

Foi a xefa de comando do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC).[3] En 1990, a Audiencia Nacional condenouna a 15 anos de cárcere por un atentado con coche bomba no aparcadoiro da comisaría de Ourense o 5 de xuño de 1988.[3] O atentado provocou un ferido leve e afectou a dez vehículos.[3][4]

En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle outra condena de 84 anos polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 na súa vila natal, en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando de Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá,[5] comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.[3][6] Nun principio, Rodríguez Porca conseguiu fuxir e agocharse durante dous días nunha toxeira xunto a outro membro do grupo, Francisco Javier Filgueira,[7] mais finalmente foron localizados por un helicóptero da policía[1] e foi condenada xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Ramón Piñeiro Beiro, Francisco Javier Filgueira, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo.[1] En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.[8] Logo de que o Tribunal de Estrasburgo anulase a retroactividade da doutrina Parot, a Audiencia Nacional ordenou a liberdade definitiva de Rodríguez Porca o 3 de decembro de 2013.[4][9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "A ex-militante do Exército Guerrilheiro 'Sefa' Rodríguez Porca, en liberdade definitiva". Nós Diario. 5 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  2. "Josefa Rodríguez Porca, la guerrilleira excarcelada". El Correo Gallego. 6 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Josefa Rodríguez Porca, 83 años por atentado con muerte del Exército Guerrilleiro". Faro de Vigo. 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "La Audiencia Nacional ordena la libertad definitiva para Josefa Rodríguez Porca del Exército Guerrilleiro". la Voz de Galicia. 3 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  5. "Condenan a 72 años al «guerrilheiro» Quintáns por el atentado de Irixoa". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2003. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  6. El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» Arquivado 24/10/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 7/4/03
  7. "Detenida la supuesta jefa del comando que asesinó a un guardia civil en La Coruña". 6 de outubro de 2023 (en castelán). 5 de febreiro de 1989. 
  8. "O Tribunal Supremo, recoñece que a morte dun garcla civil en lrixoa non foi intencionada" (PDF). A Nosa Terra. 11 de abril de 1996. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  9. "A AN acorda a liberdade definitiva da integrante do Exército Guerrilleiro, Josefa Rodríguez Porca". El Progreso. 3 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023.