Rally de Narón de 1995
8ª edición do Rally de Narón
O Rally de Narón de 1995 foi a 8ª edición de dito rally e a sexta proba da tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 25 e o 26 de agosto de 1995 e o vencedor foi Germán Castrillón, sobre un Ford Escort RS Cosworth. Foi a primeira das súas cinco vitorias neste rally e ademais a primeira edición na que participou como piloto, xa que disputara anteriormente o rally varias veces como copiloto.[1][2]
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally Cidade de Narón e Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally |
Número de participantes | 60 |
Localización e Datas | |
Localización | Narón (Provincia da Coruña) 43°30′04″N 8°11′33″O / 43.5011, -8.1926 |
País | España |
Número de edición | 8 (1995) |
Competición | |
Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
Itinerario
editarConstou de 11 treitos cronometrados que sumaban 80,7 km. Déronse tres pasadas ao treito de Naraío e dúas aos de Moeche, O Albeiro, Vilariño e As Neves.[3]
Clasificación
editar# | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Ford Escort RS Cosworth | 53:01 |
2 | Miguel Dopico | Álvaro Louro | Ford Escort RS Cosworth | 53:23 |
3 | Arturo Rial | Juan Carlos Arias | Citroën ZX 16V | 54:46 |
4 | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Peugeot 106 XSI | 55:30 |
5 | Antonio Garrido | José Alfredo Álvarez | Ford Escort RS Cosworth | 55:57 |
6 | José Manuel López Castrillón | Pedro Amado | Ford Escort RS Cosworth | 56:12 |
7 | Javier Piñeiro | Manuel Ferreiro | Renault Clio Williams | 56:47 |
8 | Manuel García Lorenzo | José Manuel Pinal | Renault Clio Williams | 57:54 |
9 | José Javier Naveira | Juan Carlos Grandal | Opel Kadett GSI | 58:54 |
10 | Juan Ricardo Costoya | Alejandro de la Fuente | Renault 5 GT Turbo | 59:45 |
Notas
editar- ↑ "Castrillón debutó como piloto en el Rally de Narón con una apurada victoria". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 1995. p. 53.
- ↑ "Germán Castrillón como copiloto". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2020.
- ↑ "Itinerario". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Clasificación final do rallyArquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na web oficial do Rally de Narón.
Predecesor: Rally Botafumeiro |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1995 |
Sucesor: Rally Rías Baixas |