Rally Mariña Lucense

proba automobilística

O Rally Mariña Lucense é unha competición de rally que se disputa dende 2019 na Mariña de Lugo.

Rally Mariña Lucense
Fundación2019
RexiónMariña de Lugo
OrganizadorEscudería Mix Rallye Sport

Está organizada pola Escudería Mix Rallye Sport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O seu primeiro gañador foi Iago Caamaño e o piloto máis laureado é Victor Senra, con dous triunfos.

Historia editar

Tras varios intentos de celebrar un rally na Mariña de Lugo,[1] finalmente en 2019, a Escudería Mix Rallye Sport, que viña celebrando o desaparecido Rally Comarca da Ulloa,[2] conseguiu sacar adiante a proba, que foi incluída como a última cita da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally, a mediados de novembro. O parque pechado situouse en Viveiro[3] e os treitos disputáronse polos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo.[4] Coa ausencia do xa campión galego Víctor Senra, o rally foi un duelo entre os dous seguintes clasificados do campionato, Alberto Meira e Iago Caamaño, sendo este último o primeiro vencedor da proba, cun Volkswagen Polo R5.[5][6][7]

Palmarés editar

Ano Edición Piloto Copiloto Vehículo Equipo Campionato
2019 1º Rally Mariña Lucense   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Volkswagen Polo R5 Lalín Deza Galicia
2020 2º Rally Mariña Lucense   Nicolai Griazin   Konstantin Aleksandrov Volkswagen Polo GTI R5 Sports Racing Technologies Galicia
2021 3º Rally Mariña Lucense   Víctor Senra   David Vázquez Škoda Fabia R5 Ya-Car Racing Galicia
2022 4º Rally Mariña Lucense   Víctor Senra   Jandrín Škoda Fabia R5 Ya-Car Racing Galicia
2023 5º Rally Mariña Lucense   Víctor Senra   David Vázquez Citroën C3 WRC Ya-Car Racing Galicia

Notas editar

  1. "El calendario gallego, un galimatías de fechas". La Región (en castelán). 27 de setembro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  2. "La FGA muestra un primer precalendario para el 2020" (en castelán). 6 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  3. "El primer Rally da Mariña cerrará este fin de semana el campeonato gallego". El Progreso (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  4. "1º Rally Mariña Lucense 2019". 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  5. "Victoria para Iago Caamaño en el I Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  6. "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada". El Progreso (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  7. "Iago Caamaño leva o primeiro Rally Mariña Lucense" |url= incorrecto (Axuda). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar