Rafael Altamira
Rafael Altamira y Crevea, nado en Alacant o 10 de febreiro de 1866 e finado na Cidade de México o 1 de xuño de 1951, foi un humanista, historiador e americanista; pedagogo, xurista, crítico literario e escritor español. Estreitamente vinculado aos proxectos da Institución Libre de Enseñanza, alumno e amigo de Francisco Giner de los Ríos, foi secretario do Museo Pedagóxico Nacional. Doutor honoris causa en oito universidades de América e Europa, e membro de nove institucións académicas, exiliouse en México en 1944.
Rafael Altamira | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Rafael Altamira y Crevea |
Nacemento | 10 de febreiro de 1866 |
Alacant | |
Falecemento | 1 de xuño de 1951 |
Cidade de México | |
Soterrado | Spanish Cemetery |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid e Universidade de Valencia |
Ocupación | Historiador, crítico literario, pedagogo, xurista, escritor |
Premios | oficial da Lexión de Honor, Knight grand cross of the order of the crown of Italy, Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, AAAS Fellow, doutor honoris causa pola Universidade Nacional Autónoma de México, honorary doctor of Columbia University, honorary doctor of the University of Cambridge, doutor honoris causa pola Universidade Nacional Autónoma de México e sen etiquetar |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
LaborEditar
Rafael Altamira foi un dos primeiros historiadores que impulsaron a Historiografía en España, partindo da súa relación coa cultura e a historia das ideas. Aínda que impulsou e apoiou sempre á Institución Libre de Ensino e as ideas do institucionismo, na que traballou como docente, mantivo sempre independencia de criterio respecto ao krausismo, nunha orientación ideolóxica liberal-progresista. Promoveu a educación popular e propugnou unha pedagoxía con forte sentido moral. En 1898 creou, xunto con outros catedráticos da Facultade de Dereito da Universidade de Oviedo, a Extensión Universitaria como área definida da universidade co propósito de difundir os coñecementos xerados nesta institución a través de conferencias, cursos, e outras actividades a aquelas clases sociais que non podían acceder a eles, seguindo o exemplo de varias universidades inglesas que xa se estendeu a outros países europeos como Alemaña e Bélxica. Nesa liña, e como secretario do Museo Pedagóxico Nacional, adxudicóuselle a responsabilidade de materializar o proxecto dunha rede de bibliotecas circulantes, recuperando do esquecemento as bibliotecas populares creadas por Manuel Ruiz Zorrilla en 1869.[1][2] Ademais de coordinar e administras todas esas institucións non deixou de impartir cursos e conferencias en numerosas universidades españolas e estranxeiras (Arxentina, Perú, Estados Unidos, Francia e Inglaterra, entre outras).
A súa obra inscríbese igualmente dentro do regeneracionismo como continuadora da de Joaquín Costa e baixo unha gran influencia do evolucionismo e un gran interese pola ciencia experimental. Cultivou asiduamente o xornalismo e a crítica literaria e deixou escritos máis de setenta libros, entre eles libros de narracións, como os seus Cuentos de amor y tristeza ou a súa novela Reposo, hai que destacar a súa soada Historia de España y de la civilización española, así como a Psicoloxía del pueblo español e a Historia del Derecho español.
NotasEditar
- ↑ "A la cultura por la lectura. Las bibliotecas populares (1869-1885)".
- ↑ "La tradición lectora en España: Las bibliotecas populares en Asturias" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2018.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Altamira |
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Aureliano de Beruete y Moret |
Real Academia da Historia. Medalla 4 1922-1951 |
Sucesor: Julio Guillén y Tato |