Raúl I de Vermandois

Raúl I de Vermandois[1], chamado Raúl I o Valente, ou Raúl I o Chosco, tamén coñecido co nome de Raúl de Crépy, nado ao redor de 1094 e finado o 13 de outubro de 1152, foi conde de Vermandois, de Amiens e de Valois de 1102 a 1152.

Infotaula de personaRaúl I de Vermandois

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Raoul Ier de Vermandois Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1085 Editar o valor em Wikidata
Morte14 de outubro de 1152 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Rexente Reino de Francia
1147 – 1149
← Lois VII de Francia
Sénéchal de France (en) Traducir
novembro de 1131 – 1151
Count of Amiens (en) Traducir
1102 – 1152
Count of Valois (en) Traducir
1102 – 1152 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor em Wikidata
CónxuxePetronila de Aquitania (1142–1152)
Leonor de Blois (1120–1141)
FillosIsabel de Vermandois
 () Petronila de Aquitania
Raúl II de Vermandois
 () Petronila de Aquitania
Leonor de Vermandois
 () Petronila de Aquitania Editar o valor em Wikidata
PaisHugo de Vermandois Editar o valor em Wikidata  e Adelaide de Vermandois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargaret of Clermont (en) Traducir e Isabel de Vermandois, Condessa de Leicester (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1130matar (Coucy)
1129Traumatismo físico (Livry-Gargan (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Vermandois-103

Traxectoria editar

Fillo de Adelaida de Vermandois e Hugo I o Grande, fillo do rei Henrique I de Francia, era o primo irmán do rei Lois VI de Francia. Deu o seu apoio a estes últimos contra os baróns refractarios á autoridade real.

Tendo perdido un ollo no transcurso da captura do castelo de Livry en 1129, ao ano seguinte, no asedio de Coucy, feriu mortalmente a Tomé de Marle, señor de Coucy, que matara había moito tempo ao seu irmán Henrique (1091 -1130), señor de Chaumont-en-Vexin. En novembro de 1131, o rei Lois VI nomeouno senescal.[2]

Pouco despois da morte de Lois VI en 1137, sostivo[3] temporalmente a causa da Raíña Nai Adelaida de Savoia, que temía que o seu dote fose usado ao servizo do Estado polo seu fillo Lois VII axudado polo abade Suger.

Fiel á Coroa de Francia, Lois VII propúxolle á irmá da súa muller (Leonor de Aquitania) chamada Petronila de Aquitania (sobre 1125 - 1151 ) para casar con ela, Raúl repudiou en 1142 á súa primeira esposa Leonor de Blois. A muller abandonada queixouse entón ao seu irmán Teobaldo IV, conde de Blois e Champaña, que á súa vez se rebelou contra o rei de Francia. O papa Inocencio II interveu anulando este matrimonio e excomungando aos novos cónxuxes así como aos bispos que consentiron a bendiciron a súa unión. Porén o papa Uxío III que sucedeu a Inocencio II, lexitimou[4] este segundo matrimonio no concilio celebrado en Reims en 1148.

Durante a ausencia de Lois VII (que marchara á segunda cruzada), en 1145, Raúl permaneceu en Francia como rexente do reino xunto a Suger. Despois do regreso de Lois, Raúl, que quedara viúvo de Petronila, a súa segunda muller, casou de novo en 1152 coa Laureta de Alsacia (sobre 1125 - 1151), filla de Teodorico de Alsacia, conde de Flandres.

Matrimonios e descendencia editar

1) Cara a 1120, casou en primeiras nupcias con Leonor de Blois, filla de Estevo II de Blois e Adela de Inglaterra, da que se separou sobre 1141 por mor da consanguinidade. Algunhas xenealoxías[5] atribúen a esta unión un fillo, Hugo II de Vermandois, que se tería feito monxe baixo o nome de Félix de Valois, pero esta afirmación parece ser unha broma do século XVI.

2) En 1142, casou con Petronila de Aquitania, filla de Guillerme X de Aquitania e irmá de Leonor de Aquitania, coa que tivo a:

En 1152 casou con Laureta de Lorena, unha efémera unión da que non tivo fillos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar