Petronila de Aquitania
Petronila de Aquitania[1], nada aproximadamente en 1125 e finada despois de 1151, era filla de Guillerme X de Aquitania, duque de Aquitania e Leonor de Châtellerault. Era irmá de Leonor de Aquitania. Tamén lle chamaban Aelis.
Petronila de Aquitania | |
---|---|
Nacemento | c. 1125 |
Lugar de nacemento | Poitiers |
Falecemento | post. 1152 |
Lugar de falecemento | Saint-Quentin |
Soterrada | Crépy-en-Valois |
Nacionalidade | Ducado de Aquitania |
Ocupación | aristócrata |
Nai | Leonor de Châtellerault |
Cónxuxe | Raúl I de Vermandois |
Fillos | Isabel de Vermandois, Leonor de Vermandois e Raúl II de Vermandois |
Irmáns | Leonor de Aquitania |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Seguiu á súa irmá Leonor ata a corte de Francia e namorouse alí de Raúl de Vermandois, un home maduro xa casado con Leonor de Blois. Para agradala, Leonor de Aquitania e o seu marido, Luís VII de Francia, obtiveron a disolución do matrimonio de Raúl, o que provocou un conflito co conde de Champaña Teobaldo IV de Blois, irmán da repudiada esposa. .
Despois casou con Raúl I de Vermandois[1] (m. 1152 ), conde de Vermandois e Valois e tiveron a:
- Isabel (1143-1183), condesa de Vermandois e Valois, casada con Filipe de Alsacia, conde de Flandres.
- Raúl II (1145-1167), conde de Vermandois e Valois.
- Leonor de Vermandois (1148/1149 - 1213).
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 . Xenealoxía de Petronila de Aquitania en Medieval Lands