Quintela, Canedo, Ourense
Quintela é un lugar da parroquia de Canedo, no concello ourensán de Ourense, na comarca de Ourense.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 136 habitantes (66 homes e 70 mulleres). Dista catro quilómetros da capital.
Quintela | |
---|---|
Vista parcial da zona recreativa de Quintela de Canedo | |
Parroquia | Canedo |
Concello | Ourense |
Coordenadas | 42°21′22″N 7°54′23″O / 42.356244444444, -7.9062722222222Coordenadas: 42°21′22″N 7°54′23″O / 42.356244444444, -7.9062722222222 |
Poboación | 136 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Quintela conta cunha zona verde de 1534 m² cunha zona recreativa. Tamén conta cun pequeno parque empresarial onde están asentadas empresas de moito peso na provincia. Este núcleo de poboación ten boa comunicación coa capital por medio das diversas liñas de transporte urbano que pasan por ela.
Xeografía
editarPola parte sur de Quintela discorre o río Miño, onde tamén hai un paseo peonil con xardíns, unhas termas de auga quente e o único muíño restaurado do río Miño ao paso pola cidade de Ourense.
Lugares e parroquias
editarLugares de Canedo
editarLugares da parroquia de Canedo no concello de Ourense | |
---|---|
Cachaxúas | A Capela | Casagrande | Eirasvedras | A Eirexa | Fontelo | Outariz | Porto | Quintela | Requeixo | Seoane | Tarascón | Vilanova |
Parroquias de Ourense
editarNotas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Arrabaldo, Ourense". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.