RMS Queen Mary 2
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
O Royal Mail Ship Queen Mary 2 é un transatlántico pertencente á compañía Cunard Line.[1] Foi construído no estaleiro galo "Chantiers de l'Atlantique" en Saint-Nazaire en 2003,[2] daquela propiedade de Alstom, cun custo superior a 800 millóns de dólares estadounidenses (550 millóns de libras esterlinas). É tamén o transatlántico máis grande, máis luxoso e caro construído na historia marítima.
RMS Queen Mary 2 | |
---|---|
O Queen Mary 2 amarrado no Peirao de Transatlánticos do Porto de Vigo en 2012. | |
Historial | |
Estaleiro | Alstom Chantiers de l'Atlantique, Saint-Nazaire, Francia Francia |
Clase | Olympic |
Tipo | transatlántico |
Operador | Cunard Line[1] |
Porto de rexistro | 2004-2011: Southampton 2011-presente: Hamilton Bermudas |
Autorizado | 6 de novembro de 2000 |
Posta en grella | 4 de xullo de 2002 |
Botado | 25 de setembro de 2003 |
Asignado | 12 de xaneiro de 2004 |
Destino | En servizo |
Características xerais | |
Desprazamento | estándar: 76 000 t (aprox.) apc: 151 400 t de rexistro bruto |
Eslora | 345 m |
Manga | liña de flotación: 41 m máxima:45 m nas ás da ponte |
Calado | 10 m |
Calado aéreo | 72 m |
Cubertas | 17 |
Aparello | CODLAG • 4 motores diésel Wärtsilä 16V 46C-CR • 2 turbinas de gas GE LM2500+ • 2 pods de 21,5 MW Rolls-Royce/Alstom "Mermaid" fijos • 2 pods de 21,5 MW Rolls-Royce/Alstom "Mermaid" acimutais; potencia = 117 MW (157 000 CV); velocidade = 30 nós (56 km/h) |
Tripulación | 1253 tripulantes |
Capacidade | 2620 pasaxeiros[2] |
Esta nave pode virar 360º en 30 segundos cos seus fortes motores de empuxada frontais, e en tempos turbulentos no mar posúe 4 estabilizadores laterais que lle fornecen máis estabilidade incluso a navegar a toda marcha |
O Queen Mary 2 está destinado para a ruta do Atlántico Norte, mais tamén é parcialmente utilizado para cruceiros. Botouse ao mar o 12 de xaneiro de 2004. Daquela era o barco de pasaxeiros maior do mundo, até o ano 2006, cando a empresa naval Royal Caribbean International lanzou ao mar o Freedom of the Seas, que malia ser 6 metros máis curto ca o Queen Mary 2, ten 15 metros máis de manga. Dende setembro de 2009, cando o Oasis of the Seas (tamén da empresa Royal Caribbean International) terminou de ser construído, o Queen Mary 2 pasou a ser o terceiro barco de pasaxeiros máis grande do mundo, aínda que segue a ser o transatlántico máis grande do mundo xa que os dous anteriores non son transatlánticos.[3]
Hoxe en día, a rivalidade entre as empresas navais de pasaxeiros non é contar co buque máis rápido, xa que estes non son usados máis coma un medio de transporte, senón contar co máis grande e luxoso. O Queen Mary 2 deu este título á Cunard en 2004, e foi o primeiro transatlántico que se construíu dende o Queen Elizabeth 2 de 1969.
Digno sucesor de grandes mitos da historia marítima, coma os primeiros transatlánticos de luxo alemáns de antes da primeira guerra mundial, que introduciron o concepto de hotel de luxo na navegación marítima, e transatlánticos famosos como o Titanic, o Mauretania, o Queen Mary, o Queen Elizabeth e mailo Queen Elizabeth 2; o Queen Mary 2 é 44,8 metros máis longo ca a Torre Eiffel e tres veces e medio máis ca a torre de Westminster (Big Ben). Ademais, é só 35,7 metros máis curto ca o edificio Empire State de Nova York. En decembro de 2011 cambiou o seu porto de rexistro a Hamilton, nas Bermudas.
Dende os seus comezos o Queen Mary 2 abarloou en numerosas ocasións no porto de Vigo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 QM2 en Cunard.com Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Consulatado o 5 de decembro de 2010
- ↑ 2,0 2,1 QM2 en STX Europe Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Consultado o 5 de decembro de 2010
- ↑ "Nota de prensa da inauguración do Freedom of the Seas". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de abril de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RMS Queen Mary 2 |