Quliylanı Şuwanı caşı Qaysın ( karachai-balkar Къулийланы Шууаны жашы Къайсын, ruso: Кайсын Шуваевич Кули́ев), nado en Ogarı Chegem o 19 de outubro de 1917 e finado en Shedjem o 4 de xuño de 1985, foi un profesor, xornalista e escritor balkar, recoñecido poeta en lingua karachai-balkar.

Infotaula de personaQaysin Quli

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(krc) Къулийланы Шуўаны жашы Къайсын Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1917 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Verkhne-Chegemskoye rural community, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 1985 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Chegem, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Russa (pt) Traducir
Rússia do Sul (pt) Traducir
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
República Montanhosa do Norte do Cáucaso (pt) Traducir
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Literatura Maxim Gorki Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , prosista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa e Lingua carachaio-bálcara Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 18011495-08e5-4e23-be4d-ca24325e8167 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha nun típico aul balkar, nunha zona montañosa, alí seu pai, como boa parte dos habitantes do lugar, dedicábase á caza e ao pastoreo de cabras[1]. Qaysin quedou orfo de pai xa de neno. En 1926 estableceuse nunha escola no lugar veciño de Toben Chegem, situado xa no val, e ata alí ía ao colexio. Despois estudou no Instituto Pedagóxico de Nalchik. Deses anos son os seus primeiros experimentos poéticos e en 1933 apareceron as súas primeiras publicacións[2].

Entre 1935 e 1939 estudou en Moscova no Instituto Estatal de Artes Teatrais  e no Instituto de Literatura Maxim Gorki. Á súa volta de Moscova ensinou literatura дабиятны no Instituto Pedagóxico de Kabardino-Balkaria. En 1938 entrou na Unión de Escritores da Unión Soviética e en 1940 publicou o seu primeiro libro, Салам, эрттенлик!.

Segunda guerra mundial editar

En 1940 alistouse para realizar servizo militar como paracaidista e tras a entrada da URSS na segunda guerra mundial e a rendición de Letonia e a súa integración no estado soviético, transferírono coa súa brigada ao país báltico. En 1942 ferírono e mentres estivo no hospital escribiu poemas patrióticos que se publicaron en xornais e revistas traducidos ao ruso e tamén se sentiron na radio, entre partes de guerra 45 minutos de poesía dun autor entón descoñecido[3], o que chamou a atención de Fadeyev e Boris Pasternak que solicitaron que puidera ir a Moscova e alí coñeceu a Konstantin Simonov, Nikolai Aseev, Vera ZviagintsevaDmitri Kedrin[4] entre outros autores rusos.

Volveu á fronte, e de novo ferírono, enviou crónicas de guerra e poemas a Sini Otechestva. Logo volveu á loita en Rostov do Don, UcraínaCrimea.

En Asia central cos balkares editar

En marzo de 1944 as autoridades soviéticas deportaron os balkares cara á Asia central acusados de colaboracionismo cos alemáns. Ao saír do hospital, e tras visitar a súa deserta localidade natal, marchou onde agora estaba o seu pobo. Viviu durante máis de dez anos en Kirguizistán, traballou na sección rusa do xornal Киргизстан e sen poder publicar as súas obras dedicouse a traducir os clásicos, a autores kirguiz e a participar na vida cultural da república. Mantivo correspondencia con Boris Pasternak, que lle deu azos nas súas cartas para manter a fe nun futuro mellor.

Regreso á terra cos balkares editar

En 1956 volveu a Kabardino-Balkaria e logo foi a Moscova para realizar cursos de literatura. Volveu publicar de novo, en edicións bilingües en karachai-balkar e traducidas ao ruso varias colleitas da súa poesía, Таула mais Ётмек бла гюл en 1957 e Мен тауладан келдим en 1959. A súa estada co seu pobo nun exilio forzado non fixo del un disidente, pola contra foi membro do Soviet das Nacionalidades do Soviet Supremo da Unión Soviética entre 1958 e 1962 e de novo de 1974 a 1985.

As décadas de 1960 e 1970 foi a época de maior creatividade. Cada unha das coleccións que saíron do prelo convertéronse nun fito, en 1962 Тауда от, en 1964 Жаралы таш, en 1972 Жер китабы, en 1973 Жулдузла жанадыла e en 1974 Ингир .

En 1970 publicáronse as súas obras escollidas en dous volumes e entre 1976 e 1977 apareceu outra edición en tres volumes. En 1975 publicouse unha selección dos seus artigos xornalísticos Терек да алай ёседи.

En 1985 publicou a súa última colección en vida, Адамлагъа айтама. Mais logo postumamente publicáronse os libros de poemas Адам. Къанатлы. Терек. e  Жашаргъа!, a colección de relatos Жорт, жорт, гылыуум! e a novela Къыш эди

A súa obra poética, escrita enteiramente en karachai-balkar[5], gozou dunha fonda influencia na lírica da época soviética[6], con traducións ao ruso e a boa parte das linguas do espazo soviético, así como ao inglés e outros idiomas.

Notas editar

  1. "I come from Chegem Valley" The Alans nº 1:2007, p. 10.
  2. Вадим Дементьев (1989) Кавказская тетрадь. — Современник.
  3. Юлия Верниковская" Кайсын Кулиев: Человек, Который Не Боялся Сталина" Совершенно секретно, 10 de agosto de 2015
  4. Сергей Умарович Пазов (1999) Карачаево-Черкесский государственный педагогический университет. Литература народов Северного Кавказа: художественные и методологические проблемы изучения : тезисы докладов. — Кхжрю, p. 171.
  5. Tan só escribiu en ruso un poema bélico Юлия Верниковская" Кайсын Кулиев: Человек, Который Не Боялся Сталина" Совершенно секретно, 10 de agosto de 2015
  6. "Кулиев Кайсын Шуваевич" в Большой Советской Энциклопедии