Soviet Supremo da Unión Soviética

O Soviet Supremo da Unión Soviética (en ruso Верховный Совет СССР, Verkhóvnyj Sovét SSSR) foi o soviet supremo e como tal o corpo lexislativo superior da Unión Soviética entre 1938 e 1989 e o único con capacidade para establecer emendas constitucionais. Entre 1989 e 1991 o Congreso dos Deputados do Pobo da Unión Soviética designou os seus membros. Elixía o Presidium, formaba o Consello de Ministros, o Tribunal Supremo, e designaba o Procurador Xeral da Unión Soviética.

Soviet Supremo da Unión Soviética
Верховный Совет СССР
Coat of arms of the Soviet Union (1956–1991).svg
Datos xerais
ÁmbitoUnión Soviética Unión Soviética
Creación1938
Término1991
TipoBicameral
Sede(s)
{{{salon_sesións}}}
Sede do Soviet Supremo da Unión Soviética no Kremlin, nunha fotografía do ano 1982.

EstruturaEditar

O Soviet Supremo compúñase de dúas cámaras, cada unha con iguais poderes lexislativos, e nas dúas os seus membros elixíanse por un período de catro anos[1].

O número total de membros variou entre os 1556 de 1974 e os 542 de 1989. O Presídium levaba os asuntos do día a día do Soviet Supremo cando non estaba en sesión.

Presidente do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética (1938–1989)Editar

Presidente do Soviet Supremo da Unión Soviética (1989–1991)Editar

NotasEditar

  1. Grande Enciclopedia Soviética, 3ª edición, entrada "Верховный Совет СССР" [1][Ligazón morta]

Véxase taménEditar


Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar