Presidente dos Emiratos Árabes Unidos

artigo de listas da Wikimedia

O presidente dos Emiratos Árabes Unidos ou o Raʾīs (en árabe: رَئِـيْـس‎) é o xefe de Estado dos Emiratos Árabes Unidos.

Presidente dos Emiratos Árabes Unidos
Khalifa Bin Zayed Al Nahyan-CROPPED.jpg

TratamentoSúa Alteza Real
SedeAbu Zabi
ÁmbitoFlag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos
Designado porConsello Federal Supremo
Primeiro titularZayed bin Sultan Al Nahyan
Creación2 de decembro de 1971
Sitio webwww.government.ae

O presidente e o primeiro ministro son elixidos cada 5 anos polo Consello Supremo Federal. Normalmente, un xeque do Emirato de Abu Zabi exerce a presidencia e un xeque do Emirato de Dubai actúa como primeiro ministro. O xeque Zayed bin Sultan Al Nahyan é o pai fundador dos EAU e está considerado a persoa que uniu os sete emiratos nun país. Foi o primeiro presidente dende a fundación da nación até a súa morte o 2 de novembro de 2004. Ao día seguinte o Consello Supremo Federal elixiu o seu fillo, o xeque Khalifa bin Zayed Al Nahyan, para substituílo.[1] O Presidente é tamén o comandante en xefe das Forzas Armadas dos EAU.

O actual presidente é Khalifa bin Zayed Al Nahyan. O xeque Khalifa converteuse en presidente o 3 de novembro de 2004, logo da morte de seu pai, Zayed bin Sultan Al Nahyan.

Presidentes dos Emiratos Árabes Unidos (1971–presente)Editar

Foto Presidente Inicio Fin Tempo no cargo Emirato
1 Zayed bin Sultan Al Nahyan 2 de decembro de 1971 2 de novembro de 2004 32 anos e 336 días Abu Zabi
-   Maktoum bin Rashid Al Maktoum 2 de novembro de 2004 3 de novembro de 2004 1 día Dubai
2   Khalifa bin Zayed Al Nahyan 3 de novembro de 2004 actualidade 15 anos e 326 días Abu Zabi

InsigniaEditar

NotasEditar

  1. "Emiratos Árabes Unidos". www.arabruleoflaw.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar