Emirato de Dubai
O Emirato de Dubai[1] (en árabe إمارة دبيّ , transliterado Imārat Dubayy), é un dos sete estados que constitúen os Emiratos Árabes Unidos, sendo o segundo deles en extensión. A capital do emirato é a cidade de Dubai, onde se acolleu a exposición mundial de 2021.[2]
امارة عبدالله (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | ||||
Capital | Dubai | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.355.900 (2019) (815,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.114 km² | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Mohamed bin Rashid Al Maktum | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | +971 | ||||
ISO 3166-2 | AE-DU | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | dubai.ae |
A máxima autoridade é o emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum.
Dous feitos cruciais a comezos da década dos setenta do século pasado déronlle un gran pulo ó desenvolvemento do emirato. Un foi a independencia e o establecemento da federación en 1971. O outro foi a gran subida do prezo do cru provocada pola crise do petróleo de 1973, que axudou a relanzar as finanzas do estado. O emirato contribúe en gran medida ó PIB dos Emiratos Árabes Unidos. Os servizos como o tranporte, a loxística e o turismo contribúen dun xeito crecente ó PIB do estado, desprazando á tradicional economía baseada na industria petrolífera.
Xeografía
editarO Emirato de Dubai está situado na costa do golfo Pérsico dos Emiratos Árabes Unidos[3], a uns 9 msnm de altitude media[4]. Limita ao sur co emirato de Abu Dabi, ao nordeste co de Sharjah e ao sueste co sultanato de Omán a través do exclave de Hatta, que tamén fai fronteira cos emiratos de Ajmán polo oeste e co de Ras al-Jaima polo norte. Ten unha superficie de 4113 km², que representa unha expansión significativa pois nos seus inicios contaba con 3885 km², por mor das reclamacións sobre a súa soberanía no mar[5].
O Khor Dubai é un rego que vai desde o nordeste cara ao suroeste, atravesando toda a capital[3]. No leste da capital do emirato está a localidade de Deira, que limita co emirato de Sharjah ao leste e coa localidade de Al Aweer ao sur.
Ecoloxía
editarO deserto de area que rodea a capital posúe algunhas palmeiras datileiras. Os lirios crecen nas chairas occidentais dos sabkha, ao leste da cidade, mentres que as acacias e os ghaf crecen nas chairas interiores, preto das montañas occidentais de Al Hayar. Varias árbores autóctonas como a palmeira datileira e os neem, así como árbores importadas como os eucaliptos, crecen nalgúns parques naturais do emirato.
As especies animais máis comúns nos desertos da zona son a avetarda hubara, a hiena raiada, o caracal, o raposo do deserto, os falcóns e o órice de Arabia. O territorio constitúe un paso de migración entre Europa, Asia e África, polo que máis de 320 especies de aves migratorias atravesan o emirato entre a primavera e o outono. Nas augas próximas á costa viven máis de 300 especies de peixes, como o mero. Nas augas máis afastadas hai tamén peixes tropicais e medusas, así como corais, dugongos, golfiños, baleas e tiburóns. Tamén hai varios tipos de tartaruga, como a tartaruga carei ou a tartaruga verde, ambas as dúas consideradas en perigo de extinción[6][7].
Notas
editar- ↑ "Dubai". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 731.
- ↑ "Home | Connecting Minds, Creating the Future | Expo 2020 Dubai". www.expo2020dubai.com (en inglés). Consultado o 2021-03-29.
- ↑ 3,0 3,1 "Dubai", en Google Maps.
- ↑ Geographic coordinates of Dubai, United Arab Emirates, en Dateandtime.info (en inglés).
- ↑ Dubai Arquivado 14 de xullo de 2015 en Wayback Machine., en Dubaifaqs.com (en inglés).
- ↑ "Flora and fauna of Dubai", en Gowealthy.com (en inglés)
- ↑ "Natural UAE" Arquivado 26 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., en UAEinteract.com (en inglés).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Emirato de Dubai |