Premio a artigos xornalísticos normalizadores

O Premio a artigos xornalísticos normalizadores é un premio que organiza anualmente o Concello de Carballo. En 2018 chegou á súa XIV edición. Os obxectivos do premio son incentivas a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos medios de comunicación escrita para fomentar o uso e o prestixio do idioma galego e promover a lingua galega na prensa escrita.[1]

Os medios de comunicación que colaboran co Concello de Carballo coa publicación do premio son o Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.

Artigos premiados editar

  • 2005 - 1.º Premio: Avó, avó Vin o arco da vella de Olga Patiño Abeixón / 2.º premio: A lingua galega na boca dos novos galegos de Xurxo Carballido.
  • 2006 - 1.º Premio: Sinfonía en galego maior de Ana Rodríguez Barreiro / 2.º premio: Un idioma na cetaria de Ramón Vilar Landeira.
  • 2007 - 1.º Premio: Obreiras, tolos, escolares, poetas. A Lingua galega nas cidades de Miguel Mosquera Fociños / 2.º premio: Guía sociolingüística sexual de Séchu Sende /Accésit: Rariño seralo ti de Xabier Cid.
  • 2018 - Alpabardas verdes de Carlos Lixó Gómez.[2]
  • 2017 - Inchazón de Iria Veiga[3]

Premiadas/os editar

Xurxo F. Carballido, Olga Patiño, Ana R. Barreiro, Ramón Vilar, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás, Luz Cures, Borxa Tenreiro, Iria Veiga e Carlos Lixó Gómez.

Notas editar

  1. "XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018" (PDF). Concello de Carballo. Consultado o 25 de maio de 2018. 
  2. "O investigador, profesor e poeta ribeirense Carlos Lixó gaña o Premio a artigos xornalísticos de lingua". Concello de Carballo. 16 de maio de 2018. Consultado o 25 de maio de 2018. 
  3. "A médica Iria Veiga gaña o XIII Premio a artigos xornalísticos de lingua Concello de Carballo". Concello de Carballo. 9 de maio de 2017. Consultado o 25 de maio de 2018.