Borxa Tenreiro
xornalista español
Francisco de Borxa González Tenreiro, nado en Ferrol en 1976, é un tradutor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco de Borxa González Tenreiro 1976 (47/48 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarGonzález Tenreiro é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten, así mesmo, o certificado de tradutor da Birmingham City College. Traballou de tradutor e intérprete no Reino Unido e exerceu o cargo de xefe de redacción do Grupo Hipala Communication, en Málaga. En 2016 era director da axencia de tradución e comunicación englishpanish, na comarca de Ferrolterra.
Na edición de 2016[1], recibiu o premio a artigos xornalísticos normalizadores xestionado polo concello de Carballo, polo seu artigo intitulado «Non por min, por eles»[2].
Notas
editar- ↑ Borxa Tenreiro, colaborador de Sermos Galiza, gaña o XII Premio artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, nova en Sermos Galiza o 7 de maio de 2016.
- ↑ O certame carballés premia a Borxa González Tenreiro, nova en La Voz de Galicia o 8 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do persoeiro Arquivado 09 de maio de 2016 en Wayback Machine. en Sermos Galiza.