Portal:Hungría/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Hungría:

1 editar

Ferenc Purczeld Bíró, coñecido simplemente como Ferenc Puskás (ˈfɛrɛnʦ ˈpuʃkaːʃ), nado o 2 de abril 1927 en Budapest e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2006), foi un futbolista e adestrador hispano-húngaro, integrante histórico dos equipos Budapesti Honvéd Sport Egyesület e Real Madrid Club de Fútbol, sendo este último ao que debe os seus maiores éxitos e recoñecementos mundiais. É lembrado como un dos máximos goleadores de todos os tempos, e considerado como un dos mellores futbolistas da historia segundo a UEFA e a FIFA. Foi internacional coas seleccións de Hungría e España tras adoptar a nacionalidade española en 1961.

A nivel de clubes conquistou un total de quince títulos, cinco ligas húngaras, cinco ligas españolas, unha Copa de España, tres Copas de Europa, unha Copa Intercontinental, mentres que logrou catro veces proclamarse máximo goleador da Primeira División Española. Logo da súa retirada deportiva en 1966 adicouse á parcela técnica onde conseguiu un subcampionato da Copa de Europa na tempada 1970-71 co Panathinaikós Athlitikos Omilos fronte ao Amsterdamsche Football Club Ajax de Johan Cruyff.


2 editar

Sári Gábor, nada en Budapest o 6 de febreiro de 1917 e finada nos Ánxeles (California) o 18 de decembro de 2016, máis coñecida como Zsa Zsa Gabor, foi unha actriz húngara-estadounidense. Tivo varios papeis en coñecidos filmes de Hollywood, obras de Broadway e tivo tamén un forte auxe na televisión.

Comezou a súa carreira nos escenarios de Viena e foi coroada Miss Hungría en 1936. Emigrou aos Estados Unidos en 1941 e converteuse nunha actriz cobizada polo seu «instinto e estilo europeo». O seu primeiro papel no cinema foi como actriz secundaria en Lovely to Look At. Máis tarde actuou na comedia We're Not Married! xunto a Marilyn Monroe, en Touch of Evil de Orson Welles, e realizou un dos seus poucos papeis protagonistas en Moulin Rouge (1952), dirixido por John Huston, quen a describiu como unha actriz de mérito. Ademais dos seus filmes e aparicións na televisión, foi coñecida pola súa serie de nove matrimonios, incluído co magnate hoteleiro Conrad Hilton, o actor británico George Sanders e o dominicano Porfirio Rubirosa.


3 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/3

4 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/4

5 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/5

6 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/6

7 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/7

8 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/8

9 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/9

10 editar

Portal:Hungría/Biografía destacada/10