Portal : Historia/Efemérides destacadas/25 de marzo
Caricatura do Tratado de Amiens.
1199 , Ricardo I , rei de Inglaterra é ferido por unha Bésta cando loitaba contra os franceses , morrendo o 6 de abril .
1223 , morre Afonso II , rei de Portugal .
1306 , Roberto I convértese ne rei de Escocia .
1802 , asínase o Tratado de Amiens , que remata cas hostilidades entre a República Francesa e Reino Unido durante as Guerras revolucionarias francesas .
1807 , abólese o tráfico de escravos no Imperio Británico .
1911 , arredor de 150 obreiras dunha fábrica téxtil de Nova York , encérranse na fábrica para esixir melloras salariais, a fábrica é queimada polas forza de orde pública e elas morren calcinadas.
1918 , proclámase a República Popular Bielorrusa .
1941 , o Reino de Iugoslavia únese ás potencias do Eixe , coa sinatura do Pacto Tripartito .
1957 , trala sinatura do Tratado de Roma , créase a Comunidade Económica Europea , integrada por Francia , Italia , a República Federal Alemá , Bélxica , Países Baixos e Luxemburgo .