Portal:Ballet/Biografía destacada/arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Ballet:

1 editar

Marie Rambert (orixinalmente Cyvia Rambam), nada o 20 de febreiro de 1888 en Varsovia (actualmente en Polonia e daquela no Reino do Congreso) e finada o 12 de xuño de 1982 en Londres (Inglaterra), foi unha bailarina e pedagoga de orixe polonesa naturalizada británica. Rambert exerceu unha forte influencia no ballet británico, tanto como bailarina como pedagoga, sendo nomeada Dame Commander of the Most Excellent Order of the British Empire, e recibindo por parte da Royal Academy of Dance o Queen Elizabeth II Coronation Award.

Ao longo da súa traxectoria participou no corpo de baile dos Ballets Russes de Sergei Diagilev (colaborando con Vatslav Nizhinskii nesa compañía na representación de Le Sacre du printemps de Igor Stravinskii), antes de fundar a súa propia compañía de danza, o Ballet Rambert (actualmente denominado Rambert Dance Company, que Despois de instalarse en Hampstead (Inglaterra), comezou a ensinar ballet profesionalmente e foi recoñecida como un dos fundadores do ballet británico moderno. Participou na creación do Royal Ballet e foi un dos membros fundadores da Royal Academy of Dance.


2 editar

Mikhail Nikolaevich Baryshnikov (en ruso Михаил Николаевич Барышников), nado o 28 de xaneiro de 1948 en Riga (actualmente en Letonia e daquela na República Socialista Soviética de Letonia, Unión Soviética), é un bailarín, coreógrafo e actor de orixe rusa e naturalizado estadounidense. Estivo casado coa actriz Jessica Lange, coa que tivo unha filla antes da súa separación.

Tras formarse na Escola de Ballet da Ópera de Riga e na Academia Vaganova, comezou a súa carreira profesional no Ballet Kirov de Leningrado (actual San Petersburgo). En 1974, durante unha xira por Canadá, solicitou asilo político en Toronto, marchando dous anos despois aos Estados Unidos, onde tras formar parte de varias compañías pasou a formar parte do American Ballet Theatre. En 1977, foi nominado para o Oscar ó mellor actor secundario e obtivo unha nominación aos Globos de Ouro polo seu papel de "Yuri Kopeikine" na película The Turning Point.


3 editar

Tamara Platonovna Karsavina (en ruso Тамара Платоновна Карсавина), nada o 10 de marzo de 1885 en San Petersburgo (actualmente en Rusia e daquela no Imperio Ruso) e finada o 26 de maio de 1978 en Beaconsfield (Inglaterra), foi unha bailarina rusa. Despois de instalarse en Hampstead (Inglaterra), comezou a ensinar ballet profesionalmente e foi recoñecida como un dos fundadores do ballet británico moderno. Participou na creación do Royal Ballet e foi un dos membros fundadores da Royal Academy of Dance.

Karsávina era filla do bailarín principal do Ballet Imperial e instructor na Escola Imperial de Ballet Platon Konstantinovich Karsavin. Tras formarse na Escola Imperial converteuse na bailarina principal do Ballet Imperial e tras deixar Rusia e instalarse en Londres, Karsávina seguiu a colaborar cos Ballets Russes de Sergei Diagilev en París, formando parella con Vatslav Nizhinskii. En 1931 puxo fin á súa carreira, pasando a adicarse ao ensino da danza ata 1955.


4 editar

Portal:Ballet/Personalidade destacada/4

5 editar

Portal:Ballet/Personalidade destacada/5

6 editar

Portal:Ballet/Personalidade destacada/6

7 editar

Portal:Ballet/Personalidade destacada/7

8 editar

Portal:Ballet/Personalidade destacada/8

9 editar

Portal:Ballet/Personalidade destacada/9

10 editar

Portal:Ballet/Personalidade destacada/10