Portal:Anarquismo/Biografía destacada/1

Emma Goldman, nada en Kaunas (daquela, chamada Kovno), Imperio ruso, o 27 de xuño de 1869 e finada en Toronto (Canadá) o 14 de maio de 1940, foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa. Tivo un papel fundamental no desenvolvemento da filosofía anarquista da primeira metade do século XX na América do Norte e Europa e introduciu ideas feministas no pensamento anarquista.

De orixe lituana, en 1885 emigrou a Nova York (Estados Unidos) onde coñeceu o anarquismo e do que formaría parte trala revolta de Haymarket. En Nova York, Goldman convértese nunha ensaísta e escritora de sona da filosofía anarquista e anticapitalista e redacta artigos sobre a emancipación da muller, os problemas sociais e a loita sindical. Goldman foi arrestada varias veces por "alentar motíns" e pola distribución ilegal de información sobre a anticoncepción. En 1906, Goldman fundou o xornal anarquista Mother Earth (en galego, Nai Terra).

Tras décadas de escuridade, na década de 1970, a vida e obra de Emma Goldman volveron facerse coñecidas na medida que as académicas feministas e anarquistas se foron interesando pola súa figura. Este interese deu lugar a unha nova onda de divulgación do seu legado, con publicacións dos seus artigos e reedicións dos seus libros, e con citas e imaxes súas estampadas en camisetas e carteis. Atribúenselle varias frases rechamantes do anarquismo, entre elas a famosa frase capaz de definir de maneira simple a idea anarquista da liberdade: