PVC

composto químico
(Redirección desde «Policloruro de vinilo»)


O policloruro de vinilo ou cloruro de polivinilo, tamén chamado policloroeteno ou PVC (sigla formada a partir do termo inglés polyvinylchloride, ás veces escrito PvC)[2][3] é un termoplástico obtido por polimerización do cloruro de vinilo, quimicamente inerte, que se emprega especialmente en canalizacións e tamén para a fabricación de bombas e dos seus compoñentes.

Policloruro de vinilo

Unidade de repetición de cadea de polímero de PVC

Modelo de recheo de espazo de parte dunha cadea de PVC.
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Cloruro de polivinilo, Policloroeteno, PvC
20-40 % Alongamento en rotura
2-5 kJ / Proba de muesca
82 °C [1] Temperatura do vidro
100–260 °C [1] Punto de fusión
17,95 MJ/kg Calor efectivo de combustión
0,9 kJ/ (kg·K) Calor específico ( c )
0,04–0,4 Absorción de auga (ASTM)
(C₂H₃Cl)ₙ Fórmula química

Vólvese brando cando se quenta e duro cando se arrefría. Obtense pola polimerización do monómero cloruro de vinilo (cloroeteno) CH 2 =CHCl. O PVC pódese facer máis suave e flexible engadindo plastificantes. Os ftalatos úsanse a miúdo para suavizar o PVC deste xeito.

Os polímeros de vinilo son o tipo de plástico máis común. O "vinilo" é en realidade etileno, un gas que se usa para fabricar eses plásticos, incluíndo o PVC. No uso popular, "vinilo" adoita ser abreviatura de PVC, pero hai outros dous polímeros de vinilo que son máis comúns. O máis común é o polietileno, o segundo máis común é o polipropileno. Outro, menos utilizado, é o poliestireno.

O policloruro de vinilo é unha fonte de grandes impactos ambientais, tanto na súa fabricación (emisión de PVC ao ambiente e xeración de residuos especiais), coma no seu procesamento (emprego de metais pesados e outras substancias químicas perigosas para o medio) ou na súa incineración (emisións de ácido clorhídrico e derivados organoclorados).[4][5][6]

Historia

editar

O PVC foi descuberto accidentalmente en dúas ocasións independentes no século XIX, primeiro en 1835 polo francés Henri Victor Regnault e despois en 1872 polo alemán Eugen Baumann. Porén, na década de 1920, o científico Waldo Semon logrou plastificar o PVC, o que permitiu ampliar moito as súas aplicacións. Rapidamente, este material gañou popularidade debido á súa versatilidade e baixo custo, converténdose nun dos plásticos máis utilizados no mundo, desde a construción á fabricación de xoguetes.[7]

 
O PVC úsase a miúdo nas canalizacións de sumidoiros debido ao seu baixo custo, resistencia química e facilidade de unión.

O PVC suavizado úsase en roupa, tapicería, illamento de cables eléctricos e outros produtos en lugar de caucho.[7] Na década de 1950 o PVC converteuse no material habitual dos rexistros fonográficos, sendo "disco de vinilo" para significar discos feitos de PVC.

Aproximadamente a metade da resina de cloruro de polivinilo que se fabrica cada ano úsase para facer tubos.[8] As tubaxes de PVC son o 66% das novas tubaxes de auga dos Estados Unidos, e o 75% das novas tubaxes de sumidoiros.[9] O PVC é útil polo seu peso lixeiro, alta resistencia e baixa reactividade. Ademais, os tubos de PVC pódense pegar entre si ou conectarse mediante calefacción (semellante á unión de tubos de HDPE, polietilenos de alta densidade). Ambos tipos de conexións fan unións permanentes que non teñen fugas.

Fabricación

editar

O PVC fabricase a través dun proceso que involucra tanto sal (ClNa) como etileno. O primeiro paso é a electrólise da salmoira, unha solución saturada de sal en auga. Nesta etapa, a salmoira descompónse, liberando cloro. Este cloro, a continuación, reacciona co etileno, que normalmente se obtén do petróleo para formar dicloruro de etileno, que se polimeriza para crear o PVC.

A relación entre o sal e o etileno é, grosso modo, de 2:1. Isto significa que para cada molécula de etileno utilizada, se precisan dúas de cloruro de sodio (en portugués, cloreto de sódio). En canto ao peso, debido a que o sal é máis pesado que o etileno, a cantidade de sal (por peso) usado no proceso é moito maior que a do etileno. Aínda que o sal é un insumo crítico, fundamental no proceso de fabricación do PVC, o PVC en si non contén sal.[10]

Reciclaxe

editar
 
Código SPI de PVC, para reciclaxe (Sociedade da Industria do Plástico). O carácter Unicode deste símbolo é U+2675

Os plásticos de PVC pódense reciclar.[4] O seu código de reciclaxe é "3". Cando está combinado, a súa reciclaxe resulta máis complexa. O PVC reciclado moitas veces ten propiedades inferiores ao PVC virxe, o que limita as súas aplicacións para segundo uso.[4]

Foi tamén investigado para material reutilizado como aditivo en cemento.[11] Con todo, a xestión inadecuada destes residuos pode levar á formación de dioxinas e outros compoñentes tóxicos cando se queiman a temperaturas baixas ou en condicións inaxeitadas. As dioxinas son compostos altamente tóxicos que poden ter efectos adversos sobre a saúde humana e ambiental.[12] A falta de tratamento axeitado do PVC, tanto pola industria como polas administracións encarregadas da recollida de lixo, pode aumentar estes riscos. Algúns estudos concluíron que unha mellor monitorización e clasificación dos residuos de PVC xerados é esencial para mellores intervencións nas normativas de tratamento, e que se necesita máis información sobre o uso histórico de diferentes aditivos en produtos de PVC.[13]

Impactos na saúde

editar

O PVC pode implicar riscos para a saúde dos seres humanos, especialmente na súa produción e tratamento dos residuos.

Produción de PVC: A fabricación do PVC pode liberar compostos orgánicos volátiles (COVs), dioxinas,[14] vinculada con cancros, incluíndo os do fígado e trastornos hematolóxicos,[15][16] e furanos, potenciais carcinóxenos humanos.[17][18] O cloruro de hidróxeno é un gas tóxico liberado cando se queima o PVC.[19]

Aditivos no PVC: Moitos produtos de PVC contén ftalatos, que se usan como plastificantes. Algúns ftalatos están asociados con disrupción endócrina, afectando o sistema reprodutor.[20]

Dioxinas e furanos na queima de PVC: As dioxinas e furanos son compostos tóxicos liberados, especialmente cando o PVC se queima en condicións non controladas.[15]

Descomposición e reciclaxe: O PVC pode lixiviar compostos nocivos, representando un risco potencial para a saúde humana.[21]

Exposición Directa: A lixiviación de compostos nocivos do PVC, especialmente en xoguetes ou envases, pode representar un risco para a saúde.[22]

  1. 1,0 1,1 Wilkes, Charles E.; Berard, Mark T. (2005). PVC Handbook (en inglés). Hanser. ISBN 978-1-56990-379-7. 
  2. "policloruro de vinilo". bUSCatermos; aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-08-09. 
  3. "cloruro de polivinilo". bUSCatermos; aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-08-09. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Hopewell, Jefferson; Dvorak, Robert; Kosior, Edward (2009-07-27). "Plastics recycling: challenges and opportunities". Philosophical Transactions of the Royal Society of London. Series B, Biological Sciences 364 (1526): 2115–2126. ISSN 1471-2970. PMC 2873020. PMID 19528059. doi:10.1098/rstb.2008.0311. 
  5. North, Emily J.; Halden, Rolf U. (2013-04-01). "Plastics and environmental health: the road ahead". Reviews on Environmental Health (en inglés) 28 (1): 1–8. ISSN 2191-0308. doi:10.1515/reveh-2012-0030. 
  6. Tchobanoglous, George; Theisen, Hilary; Vigil, Samuel (1993). Integrated Solid Waste Management: Engineering Principles and Management Issues (en inglés). McGraw-Hill Companies,Incorporated. ISBN 978-0-07-063237-0. 
  7. 7,0 7,1 Titow, W. V. (1984). "PVC Technology". SpringerLink (en inglés). doi:10.1007/978-94-009-5614-8. 
  8. Thomas (2020-08-01). "Household Tips To Solve Common Plumbing Problems" (PDF). Instituto do PvC (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2015. Consultado o 2023-08-09. 
  9. "Vinyl in Design". web.archive.org. 2007-08-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2007. Consultado o 2023-08-09. 
  10. "The polymerisation process". ECVM (en inglés). Consultado o 2023-08-10. 
  11. Santos, Adriana Goulart; Ferrari, Ana Karoliny (2019-06-10). "Influência do resíduo de PVC como agregado no concreto para peças de pavimentos intertravados". Ambiente Construído (en portugués) 19: 39–51. ISSN 1415-8876. doi:10.1590/s1678-86212019000300323. 
  12. Weber, Roland; Kuch, Bertram (2003-09-01). "Relevance of BFRs and thermal conditions on the formation pathways of brominated and brominated–chlorinated dibenzodioxins and dibenzofurans". Environment International. The State-of-Science and Trends of BFRs in the Environment (en inglés) 29 (6): 699–710. ISSN 0160-4120. doi:10.1016/S0160-4120(03)00118-1. 
  13. Miliute-Plepiene, Jurate; Fråne, Anna; Almasi, Alexandra Maria (2021-10-01). "Overview of polyvinyl chloride (PVC) waste management practices in the Nordic countries". Cleaner Engineering and Technology (en inglés) 4: 100246. ISSN 2666-7908. doi:10.1016/j.clet.2021.100246. 
  14. O proceso de fabricación de PVC, especialmente o proceso de cloración que produce PVC a partir de dicloroetano de vinilo (VCM), pode levar á formación e liberación de dioxinas. Estas emisións teñen sido reducidas significativamente nas últimas décadas grazas a melloras tecnolóxicas e regulamentarias, porén hai estudos que afirman que a produción sustentable non é realista. Why PVC remains a problematic material Arquivado 10 de agosto de 2023 en Wayback Machine. (en inglés)
  15. 15,0 15,1 "Dioxins and their effects on human health". www.who.int (en inglés). Consultado o 2023-08-10. 
  16. McGregor, D. B.; Partensky, C.; Wilbourn, J.; Rice, J. M. (1998-04). "An IARC evaluation of polychlorinated dibenzo-p-dioxins and polychlorinated dibenzofurans as risk factors in human carcinogenesis". Environmental Health Perspectives. 106 Suppl 2 (Suppl 2): 755–760. ISSN 0091-6765. PMC 1533384. PMID 9599727. doi:10.1289/ehp.98106755. 
  17. Bakhiya, N; Appel, KE (2010). "Toxicity and carcinogenicity of furan in human diet". Archives of toxicology 84 (7): 563–78. PMID 20237914. doi:10.1007/s00204-010-0531-y. 
  18. Baird, Colin (2001). Química ambiental (en castelán). Reverte. ISBN 978-84-291-7902-6. 
  19. "Hydrogen Chloride ; Toxic Substances". wwwn.cdc.gov ; Toxic Substance Portal ; ATSDR. Consultado o 2023-08-10. 
  20. "Endocrine Disruptors". National Institute of Environmental Health Sciences (en inglés). Consultado o 2023-08-10. 
  21. "End-of-life options for PVC waste" (PDF). european-bioplastics.org. 
  22. "Food contact materials". EFSA : www.efsa.europa.eu (en inglés). 2023-04-19. Consultado o 2023-08-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • EUR-Lex - 32008L0098 (europa.eu, en portugués) - Directiva Marco de Residuos; Directiva da UE 2008/98/CE
  • Home | Recovinyl - (Vinyl 2010, iniciativa dos produtores europeos de PVC; en inglés)

----

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.