Abrir o menú principal
Galiñola anana
Porzana pusilla.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Rallidae
Xénero: Porzana
Especie: P. pusilla
Nome binomial
Porzana pusilla
(Pallas, 1776)
Distribución de Porzana pusilla      Área de cría.     Área de ocupación permanente.     Área de invernada.

Distribución de Porzana pusilla      Área de cría.     Área de ocupación permanente.     Área de invernada.
Sinonimia

Zapornia pusilla

A galiñola anana[2] ou poliña pequena[3] (Porzana pusilla) é unha especie de ave gruiforme da familia dos rálidos amplamente distribuída por Eurasia, África e Australasia. Non se debe confundir con Gallinula chloropus nin con Porzana parva.

DescriciónEditar

 
Exemplar en Australia.
 
P. p. palustris en Queensland, Australia.

A galiñola anana mide entre 17 e 19 cm de longo e ten unha envergadura alar de 33 a 37 cm.[4] É similar á galiñola pequena pero lixeiramente menor, e as súas plumas primarias sobresaen menos por detrás cando ten as ás recollidas. A galiñola anana ten un bico curto e recto, de cor amarelo ou verdoso. Os adultos teñen unha plumaxe parda avermellada con marcas brancas irregulares nas partes superiores, mentres que o seu rostro, peito e ventre son de cor gris azulada. Os seus flancos están barrados. Ten a cola curta e con pintas na parte inferior. Nas patas ten dedas longas de cor variable, verdosas ou rosáceas.

Os xoves son similares aos adultos, mais teñen unha plumaxe con máis pintas. Os polos acabados de nacer son negros, como en todas as especies de rálidos.

Taxonomía e etimoloxíaEditar

A galiñola anana ou poliña pequena clasifícase no xénero Porzana, que pertence á familia Rallidae, unha familia de aves acuáticas e semiacuáticas de tamaño medio, aínda que pequenas en comparación co resto de Gruiformes. Os rálidos adoitan ter a cola curta, patas robustas con dedas longas, plumaxes discretas e o pescozo máis curto que as grúas. Os membros de Porzana caracterízanse por carecer dos rechamantes escudos frontais presentes no resto dos rálidos e ser máis pequenos.

A galiñola anana foi descrita cientificamente por Peter Simon Pallas en 1776,[5] co nome científico de Rallus pusillus.[4] Posteriormente foi trasladada ao xénero Porzana, creado polo zoólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot en 1816.[5] Porzana é a latinización do termo da lingua veneciana sporzana usado para nomear este tipo de aves, mentres que en latín pusilla significa 'diminuta'.[6]

Recoñécense seis subespecies de Porzana pusilla:[7]

DistribuciónEditar

 
Habitan en zonas húmidas.

É unha ave migratoria que cría en zonas húmidas de Europa, principalmente no leste e en Asia. A especie adoitaba habitar nas illas británicas ata mediados do século XIX, mais a poboación de Europa occidental reduciuse considerablemente debido á drenaxe de terreos húmidos e a consecuente destrución do seu hábitat. En Galicia é unha especie moi rara.[2] Ao chegar o outono migra para pasar o inverno en África oriental e no sur de Asia. Tamén reside de forma sedentaria en África e Australasia.

En setembro de 2000 un exemplar desta especie foi albiscado na illa Attu (Aleutianas) en Norteamérica, pero a súa presenza no continente americano é anecdótica.

ComportamentoEditar

 
Ovo de Porzana pusilla no MHNT

A galiñola anana aliméntase na lama ou en augas pouco profundas, apañando o alimento que detecta pola vista. Aliméntase principalmente de insectos e pequenos animais acuáticos.

Durante a estación de cría adoitan permanecer agochadas e é máis probable escoitar as súas chamadas que velas. Durante o outono poden verse en bandadas migratorias. Son aves moi ruidosas e a súa chamada consiste nun repenico rápido. Aniña nun sitio seco xunto a pantanos e zonas húmidas, depositando unha posta media de 4 a 8 ovos.

Estado de conservaciónEditar

Galiñola anana en Queensland, Australia.

InternacionalEditar

A nivel global, en canto á súa conservación, considérase unha "especie pouco preocupante" na Lista vermella da UICN.[1] É unha das especies ás que se aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-euroasiático (AEWA).

AustraliaEditar

En Australia non é unha ave ameazada. Porén, a súa conservación varía entre estados dentro do país. Por exemplo:

  • A galiñola anana figuraba como especie ameazada na Lei de Conservación de Flora e Fauna do estado australiano de Victoria (1988).[8][9]
  • En 2007 pasou a ser unha especie vulnerable no estado de Victoria.[10]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2012). "Zapornia pusilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.3 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Barry Taylor (2010), Rails: A Guide to Rails, Crakes, Gallinules and Coots of the World. Bloomsbury Publishing, p. 379 ISBN 1408135388
  5. 5,0 5,1 Zoonomen. "Taxonomía de Gruiformes." (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2015. 
  6. James A. Jobling. Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Bloomsbury Publishing p. 315 y 325 ISBN 1408125013
  7. Frank Gill y David Donsker. Rails, gallinules & cranes. IOC World Bird List versión 5.1.
  8. Department of Sustainability and Environment, Victoria
  9. Department of Sustainability and Environment, Victoria
  10. Victorian Department of Sustainability and Environment (2007). Department of Sustainability and Environment, ed. Advisory List of Threatened Vertebrate Fauna in Victoria - 2007. East Melbourne, Victoria. p. 15. ISBN 978-1-74208-039-0. 

Véxase taménEditar