Poetarras é un grupo musical e cómico galego creado no 2013. Está formado polos cangueses Manuel Gago e Rubén Lino, polo bueués Pablo Lamosa e o amesán Daniel Vilaverde. Acadaron sona a través de vídeos publicados na súa conta de YouTube nos cales fan covers humorísticos de cancións como "Roar" de Katy Perry, "Let It Be" de The Beatles ou "Hasta siempre, comandante" de Carlos Puebla.

Poetarras
OrixeCangas, Ames e Bueu, Galicia Galicia
Período2013 - presente
MembrosDaniel Vilaverde
Manuel Gago
Rubén Lino Mandado
Pablo Lamosa
Na rede
Twitter: Poetarras Youtube: UCCyC-fucMFHGemeNT_b_W8g Editar o valor em Wikidata

Tamén fan sketchs cómicos que escriben, dirixen e interpretan eles mesmos. No 2014, gañaron o premio á mellor serie web en lingua galega no festival "Carballo Interplay".[1]

No 2015 participaron en festivais como o Revenidas,[2] ou nos magostos populares da organización Galiza Nova realizados en diversas localidades galegas.

No 2016 participaron no centenario das Irmandades da Fala coa composición da canción iFala [3] participando no seu videoclip cantantes coma Sés ou o humorista David Amor.

Tamén volveron ó Revenidas, así como o Festival SonRías Baixas de Bueu [4] ou o Castañazo Rock de Chantada.

Composición editar

  • Daniel Villaverde: Voz.
  • Rubén Lino: Voz, guitarra e caixa.
  • Manuel Gago: Voz, teclado, acordeón, maracas e frauta melódica.
  • Pablo Lamosa: Guitarra.

Polémica editar

En maio de 2015, os sindicatos en Galicia da Policía e da Garda Civil, UFP e Unión GC, denunciaron a presenza de Poetarras e Def Con Dos no Festival de Cans por "respeto a las víctimas de la violencia".[5] As Novas Xeracións do PPdeG atribuíronlle ó grupo "apoloxía do terrorismo" sendo acusados de proetarras.[6][7]

Notas editar

  1. S., C. Morrazoaldia, ed. "Feijóo, Katy Perry e Poetarras: Un viral made in O Morrazo". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  2. Revenidas (ed.). "Grupos 2015". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  3. "iFala". Vimeo. Consultado o 2016-10-30. 
  4. "SonRías Baixas 2016 – Bueu – 4-5-6 Agosto – Poetarras". www.sonriasbaixas.info. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2016. Consultado o 2016-10-30. 
  5. "Policía y G. Civil piden no subvencionar a grupos que hieren sensibilidades". Elconfidencial.com. 22 de maio de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  6. "Os Poetarras, acusados de “proetarras” por denunciar a amizade de Feijóo cun narco". GaliciaConfidencial. 29 de outubro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  7. "Las Nuevas Generaciones del PP gallego añaden una 'r' a la banda Poetarras para vincularla con el terrorismo". Eldiario.es. 28 de outubro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.