Poemas do si e non

obra literaria de Álvaro Cunqueiro

Poemas do si e non é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por Edicións Un con deseños de Luís Seoane. Foi reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[1]

Poemas do si e non
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
Ilustrador/aLuís Seoane
CubertaLuís Seoane
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialEdicións Un
Data de pub.1933
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Poemas do si e non (1933) está na liña do surrealismo e semella un especial conto erótico, unha historia de amor (desamor, elexía do amor) que ten lugar nunha verdadeira irrealidade espazo-temporal. Aparece nel un surrealismo ao noso xeito cun fondo accesíbel á emoción ou ao intelecto, sen automatismo aínda que con imaxes audaces, asociacións arbitrarias. Fundamentalmente hai nos seus poemas liberdade, recollendo elementos de todos os ismos, de toda a literatura que coñeceu.

Consta dun limiar, 3 partes proporcionadas na súa lonxitude e solidarias no contido ("Ela", "El", "Ela i El") e mais un epílogo, de 3 poemas.

Segundo o Diccionario da literatura galega:

"De sintaxe quebrada, aposicións extremas, imaxes irracionais e paradoxos que crean un discurso visionario, o libro organízase nunha estrutura de perfecta simetría distributiva que en esquema resulta un caligrama."[2]

Segundo Xosé Ramón Pena:

"En realidade, desde o noso punto de vista, coidamos que se está a falar de surrealismo neste poemario do mindoniense atendendo máis ben a unha inmediata asociación «surrealismo como imaxe onírica», e supoñendo, entón, unha fidelidade certa ás narracións do inconsciente, que a un verdadeiro seguimento, por parte do poeta de Mondoñedo, das teoría e técnicas de André Breton, Paul Éluard ou Louis Aragon, respecto das cales opera con auténtica licenza."[3]

Poemas

A ela e a min mesmo

-Limiar

-Ela: 6 poemas

-El: 6 poemas

-Ela e el:

  • Noivado I
  • Poema 1
  • Poema 2
  • Noivado II
  • Poema 3
  • Noivado 3III
  • Poema 4
  • Noivado IV

-Parque-final-elexía

  • Parque
  • Final
  • Elexía

Notas editar

  1. Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3. 
  2. Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 158. ISBN 84-8288-019-5. 
  3. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. p. 269. ISBN 978-84-9121-107-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar