Pocholo Martínez-Bordiú

presentador de televisión español

José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco. Tamén estivo casado con Sonsoles Suárez, filla do expresidente do goberno Adolfo Suárez. A cerimonia celebrouse no Mosteiro de Pedra, en Zaragoza, en recordo ao título nobilario aragonés de barón de Gotor, concedido por Xaime I de Aragón aos seus antepasados. Fíxose especialmente popular polas súas excéntricas e histriónicas aparicións na prensa rosa e programas de televisión.

Infotaula de personaPocholo Martínez-Bordiú
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Luna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSonsoles Suárez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1360235 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É o primoxénito do matrimonio formado por José María Martínez-Bordiú, XVII barón de Gotor, e por Clotilde Bassó e Roviralta. O seu padriño de bautismo foi o toureiro Luís Miguel Dominguín. A súa irmá máis nova Esperanza Martínez-Bordiú é unha famosa deseñadora española coñecida polo nome de Kucca Gotor. Os estudos básicos realizounos no Colexio Alameda de Osuna (Madrid)[Cómpre referencia]. Na súa mocidade estudou mercadotecnia e finanzas en Suíza e en Estados Unidos e traballou no Intercontinental Bank of Miami. Compaxinouno con traballos esporádicos como modelo e actor, chegando a intervir en dous capítulos de Miami Vice. En 1990 tamén tivo un pequeno papel en La grieta, película de serie B dirixida por Juan Piquer Simón. Foi entón cando abandonou definitivamente a súa carreira como economista e, segundo as súas propias palabras: "Decidín vir a España. Estar encerrado nun despacho non era o meu. Fun a Eivisa e adiqueime á noite".[1]

Ten catro irmáns menores: Alfonso, Afasto, Clotilde e Esperanza "Kucca". Descende do antipapa Bieito XIII, alcumado "Papa Luna".[2]

En España traballou como disc jockey e animador da discoteca Pachá, en Eivisa e Madrid. Logo trasladouse ao Uruguai, onde se fixo cargo da discoteca Harem, en Punta do Leste, onde veranea a alta sociedade do país. Durante a súa estancia no Uruguai foi encarcerado por catro meses en Las Rosas por posesión de drogas.[1] En 1992 contraeu matrimonio con Sonsoles Suárez, aínda que se divorciaron dous anos despois. Iso converteuno en obxectivo da prensa do corazón, especialmente tras o seu regreso a España a finais dos anos noventa.

A súa popularidade disparouse a partir de 2003, ao concursar nos reality shows Hotel Glam de Telecinco e Aventura en África de Antena 3. Posteriormente realizou colaboracións puntuais noutros programas e series como El inquilino, Crónicas Marcianas, Latrelevisión e Planeta Finito.

En xullo de 2006 estreou o seu propio programa na Sexta, Pocholo Eivissa 06, un docu-soap protagonizado por el mesmo e ambientado en Eivisa. En xullo de 2007 estreou outro programa na Sexta, Pocholo 007, SDF (sen domicilio fixo), outro docu-soap con el e unha playmate española Arancha Bonete como protagonistas. O 25 de marzo de 2011 participou no programa de Telecinco, El reencuentro, para visitar os concursantes de devandito reality.

Na súa mocidade, mantivo unha relación coa actriz costarriqueña Giannina Facio.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Crónica nº389", en El Mundo.
  2. "A Verdade". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2016.