Pleura (anatomía)
A pleura, en anatomía, é cada unha das dúas membranas serosas (dereita e esquerda), de orixe mesodérmica, que recobren ambos os pulmóns, o mediastino, o diafragma e a parte interna da caixa torácica.[1]
O adxectivo relacionado coa pleura é pleural.[2]
As pleuras
editar- A pleura parietal é a parte externa da pleura, en contacto coa caixa torácica, o mediastino e a cara superior do diafragma.
- A pleura cervical é a porción superior da pleura parietal, que asoma na raíz do colo.
- A pleura mediastínica é a porción seguinte da pleura parietal, que cobre o lado do pulmón correspondente ao mediastino.
- A pleura pericárdica é a parte da pleura mediastínica que cobre ou se fusiona co pericardio.
- A pleura visceral é a parte interna da pleura, que está en contacto cos pulmóns.
Cavidade pleural e líquido pleural
editarAmbas as pleuras únense a nivel do hilio formando unha cavidade virtual, a cavidade pleural, que contén normalmente unha pequena cantidade de serosidade, denominada líquido pleural.[3] O volume normal de líquido pleural contido nesta cavidade é de 0,1 a 0,2 ml/kg de peso corporal. Este líquido facilita os movementos de escorregamento indispensábeis para a respiración.
Composición e pH normal do líquido pleural | |
---|---|
Volume | 0,17 ± 0,162 ml/kg |
Células
|
1 000-5 000 0-2 % 64-80 % 18-36 % 0,5-1 % |
Proteínas | 1-2 g/dl |
LDH | <50 % do valor do plasma |
pH | 7,37-7,45 |
O movemento do líquido entre as follas parietal e visceral está determinado pola ecuación de Starling do transporte de líquidos e pola drenaxe linfática, o que permite a entrada e a saída de líquido e proteínas en forma balanceada para manter un volume e unha concentración constante de proteínas.
Principais enfermidades da pleura
editar- Pneumotórax: presenza de aire na cavidade pleural.
- Derramamento pleural: presenza de líquidos na cavidade pleural.
- Empiema pleural: presenza de pus na cavidade pleural.
- Hemotórax: presenza de sangue na cavidade pleural.
- Hemopneumotórax: presenza de sangue e aire na cavidade pleural.
- Quilotórax: presenza de líquido linfático na cavidade pleural.
Galería de imaxes
editar-
Posición e relacións do esófago na rexión cervical e co mediastino posterior. Visto por detrás.
-
Sección transversal do tórax, mostrando o mediastino medio e o posterior. As cavidades pleural e pericárdica están exaxeradas, xa que normalmente non hai ningún espazo entre a pleura parietal e a visceral, e entre o pericardio e o corazón.
-
Detalle dun pulmón mostrando as pleuras.
-
Sección do tórax, mostrando a situación da pleura
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pleura |
Bibliografía
editar- Light, Richard W. (2007). Pleural Diseases. Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 978-0781769570.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Patoloxía pleural en Uninet (en castelán).
- The Pleura Arquivado 15 de marzo de 2017 en Wayback Machine. en The Anatomy Lesson, por Wesley Norman (Georgetown University) (en inglés).
- parietal pleuraArquivado 02 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en GPnotebook (en inglés).