Plataforma de Convergencia Democrática

A Plataforma de Converxencia Democrática foi un organismo da oposición á ditadura franquista, creada o 11 de xuño de 1975,[1][2] á marxe da Junta Democrática de España, coa que acabou fusionándose na Coordinación Democrática. Constituíu, por parte do PSOE, un intento de agrupar a unha parte da oposición ao franquismo para competir coa Junta Democrática que basculaba sobre o PCE.[3] Creouse coa intención de evitar unha estrutura política semellante á italiana na que existía un partido comunista forte e un partido socialista feble.[4]

Plataforma de Convergencia Democrática
Tipopartido político
Ideoloxíademocracia
Data de fundación1974
Data de disoluciónmarzo de 1976
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

No seu manifesto reclaman a instauración da democracia en España e a apertura dun proceso constituínte, comprometéndose a promover un réxime democrático multipartidista, unha estrutura federal do Estado, a liberdade dos presos políticos e a volta dos exiliados, a liberdade sindical e o dereito á folga, a liberdade de expresión, de asociación, de reunión, de manifestación, a supresión dos Tribunais especiais e de todos aqueles organismos e medios de carácter represivo, eleccións libres, e o dereito de autodeterminación e o autogoberno das nacionalidades e rexións do Estado.

As organizacións asinantes do manifesto foron máis numerosas cás agrupadas arredor da Junta Democrática e foron as seguintes:[2]

Posteriormente, o 26 de marzo de 1976, fusionouse coa Junta Democrática de España,[5] creándose a organización Coordinación Democrática, coñecida coloquialmente como Platajunta.

O 26 de outubro de 1976, como resposta á invitación á negociación do Goberno de Adolfo Suárez, creouse a Plataforma de Organismos Democráticos (POD), que estaba integrada por seis organismos conxuntos de partidos da oposición, a práctica totalidade das forzas opositoras ao franquismo: a Assamblea de Catalunya, a Assamblea de les Illes (Mallorca, Menorca e Eivissa), Coordinación Democrática, a Coordinadora de Forzas Democráticas das Canarias, a Táboa Democrática de Galicia e a Taula de Forces Politiques e Sindicals do País Valenciá.

O grupo de Demócratas Independentes de Coordinación Democrática non se sumou a devandita Plataforma, por ser contrarios ao pacto reformista cos persoeiros relevantes da ditadura franquista e apostar pola ruptura democrática. Tampouco se sumaron as forzas políticas vascas que non estaban agrupadas en ningún organismo unitario nin o Consell Catalán nin o Consello Galego, que tamén se mostraron contrarios a formar parte da mesma.[6]

Notas editar

  1. "Del rupturismo al reformismo" (PDF). 
  2. 2,0 2,1 Bar (1993), p.81
  3. de la Calle (2003), p.281
  4. Molinero (2014)
  5. Marín (2010), p. 256
  6. "Diario Pueblo: "Reunión de la Plataforma de Organismos Democráticos: No acude el grupo de demócratas Independiente",". Archivo Linz de la Transición española. 04-11-1976. Consultado o 25-05-2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bar Cendón, Antonio (1993). "Una interpretación sobre las causas del régimen franquista y de la transición pacífica a la democracia en España". En Alegre Avila, Juan Manuel; Alfaro Aguila-Real, Jesús. Escritos jurídicos en memoria de Luis Mateo Rodríguez. Vol. I. Santander: Universidad de Cantabria. Facultad de Derecho. ISBN 84-8102-007-9. 
  • Marín, José María; Molinero, Carme; Ysàs, Pere (2010). Historia política de España, 1939-2000. Col. Fundamentos nº 194 II. Madrid: Istmo. ISBN 978-84-7090-319-9. 
  • Molinero, Carme; Ysás Solanes, Pere (2014). La cuestión catalana: Cataluña en la transición española (Ebook). Barcelona: Crítica. 
  • Redero San Román, Manuel (2008). "Los trabajadores, los sindicatos y la implantación de la democracia en España (1975-1980)". En de la Calle Velasco, Mª Dolores; Redero San Román, Manuel. Movimientos sociales en la España del siglo XX. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-314-3. 

Outros artigos editar