Plans de Desenvolvemento Económico-Social de España

Os Plans de Desenvolvemento Económico e Social foron tres plans de "planificación indicativa",[1] cos que se superou en España o período estrutural económico denominado Autarquía, que se remontaba á posguerra. Arrincan do Plan de Estabilización de 1959 e o seu promotor foi Laureano López Rodó.[2] Provocaron un potente crecemento económico, cunha taxa media acumulativa do 7,2 % anual no aumento do PIB. Os anos da súa vixencia coñécense como Desarrollismo.

Visita do presidente estadounidense Dwight Eisenhower a España en 1959.

Boa parte do éxito dos plans estivo baseado nunha balanza comercial desequilibrada (as importacións permitían o take-off económico), cuxo déficit compensábase coas remesas da emigración española a Europa e cos ingresos polo turismo, á parte das entradas directas de capital estranxeiro, que se liberalizaron.

A industrialización contou coa existencia dos denominados Polos de Desenvolvemento: zonas de preferente instalación de empresas industriais, como Valladolid e Vigo (onde se instalaron fábricas automobilísticas de Renault e Citroën respectivamente), Puertollano (refinaría), etc.

Historia

editar

Creouse un ministerio ad hoc, o Ministerio de Planificación y Desarrollo, que desde 1967 a 1973 ocupou Laureano López Rodó,[3] persoa destacada entre os chamados tecnócratas do Opus Dei, grupo que actuaba como unha das familias do franquismo con maior control sobre a área económica, polo menos até o estalido do escándalo Matesa (1969).

O Terceiro Plan de Desenvolvemento tivo que declararse inconcluso, por estrangulamento financeiro, iniciándose a transición estrutural da economía española (denominada reconversión industrial), que se solaparía coa transición política tras a morte de Franco; transicións que se estenderían até xa entrados os anos 1980, co ingreso de España na Comunidade Europea, cando se puxo en marcha o modelo económico que tivo na construción a locomotora industrial, e que se financiou coas propias axudas europeas e mediante o endebedamento masivo de fogares e sociedades financeiras e non financeiras co exterior.

Houbo tres plans de desenvolvemento, sucesivamente:

 
Gráfico da evolución dos prezos do petróleo a longo prazo (1861-2007). A llña laranxa mostra o nivel de prezos constantes, axustado segundo a inflación. A liña azul mostra os prezos correntes.
  • Terceiro plan de desenvolvemento (1972-1975): interrompido, entre outras razóns, pola chamada Crise do petróleo de 1973 (enorme aumento do prezo do petróleo) e a lentitude do desenvolvemento das actuacións públicas previstas.

Principais obxectivos

editar

Os polos de desenvolvemento implantáronse para intentar compensar a paulatina desaparición do mundo rural. Con todo, a zona que se privilexiou foi a do Mediterráneo español.

Unha chuvia de millóns do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial caeu sobre a zona, así como unha entrada masiva de turistas de clase traballadora europea que comezaban a saír do desastre da segunda guerra mundial e viñan na busca de sol e praias.

O Mediterráneo non se elixiu como principal zona a potenciar por casualidade. A súa xeografía plana, o fácil acceso por mar de mercadorías, a comunicación Europa-Norte de África a través de Alxeciras, etc, déronlle vantaxes competitivas insuperábeis. Hoxe estas zonas, incluíndo as Baleares, son das máis ricas de España e Europa.

Os polos de desenvolvemento non puideron absorber toda a man de obra sobrante do campo. Ademais, a inflación castigou especialmente esas zonas —parte de Andalucía, Estremadura, Galicia e ambas as Castelas—, obrigando á xente a emigrar ás zonas ricas, Mediterráneo e Cantábrico (especialmente, este último, ao País Vasco). Hoxe en día a despoboación é o resultado daquelas políticas económicas.

Nótese que precisamente a zona mediterránea é a que na actualidade "sofre" o maior déficit fiscal. Non é casualidade despois do constante investimento millonario de tantos anos do Estado Español e parte de Europa.

  1. "La planificación indicativa" en Tamames, Ramón (1973): Historia de España Alfaguara VII. La República. La era de Franco. Madrid: Ediciones Alfaguara, S. A.) (Alianza Editorial, S. A.) ISBN 84-2062-031-3, pp. 471-472.
  2. Tamames 1973, p. 466.
  3. Muere Laureano López Rodó, el ministro de Franco que impulsó los planes de desarrollo, El País 12-03-2000).
  4. 4,0 4,1 Obsérvese por curiosidade que todas as cidades anteriormente mencionadas teñen en común que quedaron na "zona sublevada" desde o primeiro momento do "Alzamento Nacional" ao inicio da Guerra civil española.
  5. Tamames 1973, p. 471.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Castelló Traver, José Emilio: (2004): España siglo XX, 1939-1978. Madrid: Anaya. ISBN 978-84-2073-358-6.
  • Tamames, Ramón (1973): Historia de España Alfaguara VII. La República. La era de Franco. Madrid: Ediciones Alfaguara, S. A.) (Alianza Editorial, S. A.) ISBN 84-2062-031-3.

Outros artigos

editar