Milagre económico español

O "milagre económico español" foi o nome dado ao período de crecemento acelerado e de auxe económico ocorrido en España entre 1959 e 1974.

Construída en 1957, con 142 m de altura, a Torre de Madrid anuncia a chegada do milagre económico español.

As crises internacionais do petróleo da década de 1970 (1973 e 1979) supuxeron o final deste período de crecemento elevado.

Historia editar

Situación previa editar

O século XIX en España estivo marcado pola inestabilidade política e social que continuamente interrompían o desenvolvemento económico, deixando a España detrás do grupo de países máis avanzados de Europa occidental. A finais do século XIX e principios do século XX, España tivo unha relativa estabilidade, na cal foi considerábel o desenvolvemento económico. Pero a inestabilidade política regresou na década de 1920 (Ditadura de Primo de Rivera), que se viu agravada pola Gran Depresión, e que culminou na devastadora Guerra civil española de 1936 a 1939. A guerra foi ganada polas forzas sublevadas dirixidas por Francisco Franco, quen se instalou como ditador da nación.[1]

Nos primeiros anos da ditadura franquista, o que se coñece como o Período autártiquico, houbo un corte do comercio, tanto cos aliados occidentais como cos países do bloque comunista. O réxime de Franco aplicou unha política de autarquía.[2] A recuperación económica foi moi lenta. A produción industrial non logrou recuperar o seu nivel de 1936 até o ano 1955, e o sector agrícola tivo que esperar até 1959 para recuperar o seu nivel anterior á guerra civil. O restablecemento das relacións diplomáticas cos Estados Unidos e os seus aliados na década de 1950 (e a sinatura do Concordato coa Santa Sé en 1953),[3] debido á crecente importancia estratéxica de España no marco da guerra fría, levou a un acercamento comercial co bloque occidental e a unha diminución do illamento internacional, (España foi admitida nas Nacións Unidas en 1955),[4] producindo un descenso das dificultades económicas de España.[5]

Inicio do milagre editar

O "milagre económico" foi iniciado polas reformas impulsadas polos chamados ministros tecnócratas que, coa aprobación de Franco, estableceron políticas para impulsar o desenvolvemento en España baixo a anuencia do Fondo Monetario Internacional. Os tecnócratas eran unha nova clase de políticos que substituíu a vella garda falanxista. A aplicación destas políticas tomou a forma de plans de desenvolvemento e foi un éxito en gran medida: España gozou da segunda maior taxa de crecemento do mundo, un pouco por detrás do Xapón, e converteuse na novena economía máis grande do mundo, detrás do Canadá.[6] España uniuse definitivamente, deste xeito, as países industrializados, deixando atrás a pobreza e o subdesenvolvemento funcional que experimentara desde a perda da maioría do seu imperio ao longo do século XIX.

Porén, este alto crecemento auspiciado polo Estado, deixou latentes as súas carencias coa chegada da crise dos aos 1970. A industrialización acelerada non só causou graves danos ecolóxicos e produciu unha focalización industrial desigual (deixando moitas rexións abandonadas), senón que ademais acabou provocando males endémicos que até hai poucos lustros eran aínda materia económica pendente para España.

Desenvolvemento sostido editar

Apertura ao mundo editar

 
Comparación do PIB per cápita nominal de España, Portugal e México, durante o século XX.

A recuperación baseouse principalmente no investimento público en infraestruturas, moito investimento estatal en grandes industrias,[Cómpre referencia] e na apertura de España como destino turístico. O milagre terminou co período da autarquía e podería ser considerado como a resposta á crise económica de España despois da Guerra civil e da segunda guerra mundial. No crecemento económico rexistráronse melloras notábeis no nivel de vida e no desenvolvemento dunha clase media. Aínda que España até a súa entrada na Comunidade Europea en 1986 seguiu sendo economicamente menos avanzada en relación cos máis dos países da Europa Occidental (con excepción de Portugal, Grecia e Irlanda), porén, o crecemento xeral continuou e en poucos anos alcanzou niveis similares ao do resto dos países europeos. España converteuse na quinta economía máis grande da UE e, en termos absolutos, a duodécima do mundo. En 1974, a renda per cápita española era do 79 % da media de Europa Occidental, e antes da ampliación en 2004 superaba xa o 90 % de renda per cápita media, tras a incorporación á Unión Europea de países de Europa do Leste economicamente máis atrasados (como Polonia, Romanía e Bulgaria). España situou a súa renda no 105,7 % por riba da media europea,[7] mentres que o indicador económico por excelencia, a produción de electricidade, pasou de 3,61 en 1940 a 90,82 millóns de kW-hora en 1976.

Éxodo rural editar

Turismo masivo e emigración editar

Industrialización editar

Fin do período, crecemento ralentizado editar

Impacto territorial e demográfico do milagre editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castelló Traver, José Emilio: (2004): España siglo XX, 1939-1978. Madrid: Anaya. ISBN 978-84-2073-358-6.
  • Tamames, Ramón (1973): Historia de España Alfaguara VII. La República. La era de Franco. Madrid: Ediciones Alfaguara, S. A.) (Alianza Editorial, S. A.) ISBN 84-2062-031-3.
  • Vilar, Pierre (1975): Historia de España. París: Librairie espagnole, pp. 158-171.

Outros artigos editar