Pioneer 1, denominada tamén como Able 2, foi unha sonda espacial que se intentou lanzar cara a Lúa por parte dos Estados Unidos de América.[1][4][5]

Pioneer 1 / Able 2
Pioneer 1
TipoCientífico
OrganizaciónNASA, USAF
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento11 de outubro de 1958, 8:42 GMT[2][3]
Foguete portadorThor-Able[1][4]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral[1][5]
Obxectivo da misiónEstudo da Lúa.[1][5]
Decaemento13 de outubro de 1958, 3:46 GMT[1][2]
NSSDC ID1958-007A
Masa34,2 kg[4]
Dimensións76 cm de altura, 74 cm de diámetro
BateríasNíquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas.[1]

Características editar

Pioneer 1 foi lanzada o 11 de outubro de 1958 mediante un foguete Thor-Able desde a base espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa, pero a segunda fase do foguete non xerou suficiente pulo e a nave acadou unha traxectoria suborbital que a levou a só un terzo da distancia á Lúa antes de volver a caer á Terra.[1][4][5]

A orixe da Pioneer 1, xunto coas súas irmás Pioneer 0 e Pioneer 2, está na aprobación en 1958 por parte dos Estados Unidos do primeiro plan para exploración lunar que deu lugar a cinco proxectos da Advanced Research Project Agency: tres xestionados pola USAF e dous polo Exército. O proxecto das Pioner luares foi transferido á NASA moi pouco despois da creación da axencia aeroespacial e a Pioneer 1 foi lanzada cara a Lúa tan só dez días despois da súa fundación.[1][4][5]

A misión orixinal de Pioneer 1 era facer unha viaxe ata a Lúa e unha vez alí frear e entrar en órbita para facer medicións científicas, pero debido a unha falta de potencia da segunda etapa do foguete lanzador a órbita prevista converteuse unha traxectoria suborbital cun apoxeo de 113.800 km e que finalizou coa reentrada da nave na atmosfera terrestre ás 3:46 GMT do 13 de outubro de 1958. Intentouse usar o motor de frenada da sonda para polo menos poñer a nave en órbita terrestre, pero debido á baixa temperatura das baterías o foguete non se acendeu. Durante o voo os instrumentos de a bordo realizaron as súas medicións facendo algo de ciencia útil, descubrindo que a radiación arredor da Terra repártese formando bandas e medindo a súa extensión, cartografiando o fluxo ionizante, facendo as primeiras observacións de oscilacións hidromagnéticas no campo magnético terrestre e tomando as primeiras medidas da densidade de micrometeoritos e do campo magnético interplanetario.[1][4][5]

Nave espacial editar

A estrutura da nave, de fibra de vidro, tiña forma de dous conos truncados unidos pola base mediante un cilindro baixo, cun conxunto de oito pequenos foguetes e unha antena dipolo nun dos extremos e un foguete de 13,3 kN de pulo no outro extremo, baseado no mísil aire-aire Falcon. Este último foguete tiña como misión frear a sonda ao seu paso pola Lúa para entrar na súa órbita. A nave tiña pintado un patrón de bandas brancas e escuras para como control térmico pasivo e a alimentación eléctrica era proporcionada por un conxunto de baterías de níquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas. As transmisións terían lugar na frecuencia de 108,06 MHz para telemetría e medicións Doppler e a recepción de ordes desde a Terra faríase na frecuencia de 115 MHz. A nave estabilizaríase mediante xiro a 1,8 revolucións por segundo. En total, a sonda tiña unha altura de 76 cm, un diámetro de 72,5 cm e un peso de 38,1 kg.[1][4][5]

Instrumentos científicos editar

A nave contaba coa seguinte instrumentación científica, totalizando 17,8 kg de masa:[1][4][5]

Causas do fallo do lanzamento editar

Determinouse que a causa da perda de pulo da segunda etapa foi unha válvula configurada incorrectamente que fixo que á súa vez un acelerómetro proporcionase información falsa, causando unha lectura errónea na velocidade dos gases de escape e levando a que o foguete se apagase 10 segundos antes do previsto.[1][4][5]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 1" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PIONEER 1" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  3. Claude Lafleur (2010). "Able 2 / Pioneer 1" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 0, 1, 2" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Mark Wade (2011). "Pioneer 0-1-2" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar