Pietro Germi
Pietro Germi ([ˈpjɛtro ˈdʒɛrmi]), nado en Xénova o 14 de setembro de 1914 e finado en Roma o 5 de decembro de 1974 foi un actor, director e guionista cinematográfico italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1914 Xénova, Italia |
Morte | 5 de decembro de 1974 (60 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | Hepatite |
Educación | Centro Sperimentale di Cinematografia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema, actor, realizador |
Período de actividade | 1939 - 1972 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джерми Пьетро) Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarGermi naceu nunha familia de clase media baixa. Foi mensaxeiro e asistiu por un tempo á escola náutica antes de iniciar a súa carreira coma actor.
Estudou interpretación e dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Mentres estudaba traballou como extra, axudante de director e, ocasionalmente, escritor. Debutou como director en 1945 con Il testimone. Os seus primeiros traballos, incluído este filme, seguían o estilo do neorrealismo italiano; moitos eran dramas sociais referentes á xente de orixe siciliana.
Co tempo, Germi evolucionou cara ás comedias satíricas, pero seguindo cos elementos sicilianos. Na década de 1960 logrou éxito internacional cos filmes Divorcio á italiana, Sedotta e abbandonata e Signore & signori, chegando a ser candidato ao Oscar ao mellor director e gañando na categoría de mellor guión orixinal por Divorcio á italiana. Tamén gañou o Gran Premio do Festival de Cannes por Signore & signoris.
Germi colaborou no guión de todos os seus filmes e apareceu como actor en varios deles. Faleceu de hepatite en Roma en 1974.
Filmes
editar- Il testimone (1946)
- Gioventù perduta (1947)
- In nome della legge (1948)
- Il cammino della speranza (1950)
- La città si difende (1951)
- La presidentessa (1952)
- Il brigante di Tacca del Lupo (1952)
- Gelosia (1953)
- Amori di mezzo secolo (1953, episodio 2)
- O ferroviario (1955)
- L'uomo di paglia (1957)
- Un maledetto imbroglio (1959)
- Divorcio á italiana (1961)
- Sedotta e abbandonata (1963)
- Signore & signori (1965)
- L'immorale (1966)
- Serafino (1968)
- Le castagne sono buone (1970)
- Alfredo, Alfredo (1972)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Pietro Germi na IMDb (en inglés).
- Pietro Germi Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en allmovie