Divorcio á italiana
filme de 1961 dirixido por Pietro Germi
Divorcio á italiana (en italiano: Divorzio all'italiana) é un filme italiano de 1961 dirixido por Pietro Germi. O guión foi escrito por Germi, Ennio De Concini, Alfredo Giannetti e Agenore Incrocci, e baséase na novela de Giovanni Arpino Un delitto d'onore. Está protagonizado por Marcello Mastroianni, Daniela Rocca, Stefania Sandrelli, Lando Buzzanca e Leopoldo Trieste. O filme gañou o Óscar ó mellor guión orixinal na 35ª edición dos premios, Mastroianni estivo nomeado na categoría de mellor actor e Germi en mellor director.
Divorcio á italiana | |
---|---|
Marcello Mastroianni no filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Divorzio all'italiana |
Director | Pietro Germi |
Produtor | Franco Cristaldi |
Guión | Ennio De Concini Pietro Germi Alfredo Giannetti Agenore Incrocci (sen acreditar) |
Baseado en | Un delitto d'onore de Giovanni Arpino |
Intérpretes | Marcello Mastroianni Daniela Rocca Stefania Sandrelli Leopoldo Trieste Odoardo Spadaro |
Música | Carlo Rustichelli |
Fotografía | Carlo Di Palma Leonida Barboni |
Montaxe | Roberto Cinquini |
Distribuidora | Embassy Pictures |
Estrea | 20 de decembro de 1961 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Drama e comedia |
Recadación | 2,3 millóns de dólares (USA/Canadá)[1] |
Na rede | |
Estreouse en galego o 13 de outubro de 1989 a través da TVG.[2]
Personaxes
editar- Marcello Mastroianni como Ferdinando Cefalù
- Daniela Rocca como Rosalia Cefalù
- Stefania Sandrelli como Angela
- Leopoldo Trieste como Carmelo Patanè
- Odoardo Spadaro como Don Gaetano Cefalù
- Margherita Girelli como Sisina
- Angela Cardile como Agnese
- Lando Buzzanca como Rosario Mulè
- Pietro Tordi como avogado De Marzi
- Ugo Torrente como Don Calogero
- Antonio Acqua como sacerdote
- Bianca Castagnetta como Donna Matilde Cefalù
- Giovanni Fassiolo
- Ignazio Roberto Daidone
- Francesco Nicastro
Notas
editar- ↑ "'Divorce-Italian Style,' $2,252,013". Variety: 5. 19 de febreiro de 1964.
- ↑ "Divorcio á italiana na TVG". ABC. 10 de outubro de 1989. Consultado o 18 de xullo de 2022.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Divorcio á italiana |