Philip Kerr

novelista británico de orixe escocesa


Philip Ballantyne Kerr, nado en Edimburgo (Escocia) o 22 de febreiro de 1956 e finado en Londres, o 23 de marzo de 2018, foi un autor de novelas británico, coñecido pola serie de novela negra protagonizada por Bernie Gunther.[1][2]

Infotaula de personaPhilip Kerr

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 2018 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de vexiga Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Birmingham (pt) Traducir
Stewart's Melville College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , escritor de literatura infantil , escritor de ciencia ficción , poeta avogado , guionista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRomance de aventura (pt) Traducir, novela negra e novela policial Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioP. B. Kerr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJane Thynne (pt) Traducir (1991–2018), morte Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webphilipkerr.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0449779 Musicbrainz: 27490239-850a-4066-9334-86705789de9e Discogs: 610415 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende Edimburgo, seus pais trasladáronse a Northampton, onde comezou os primeiros estudos. Entre 1974 e 1980, estudou na Universidade de Birmingham onde obtivo un grao en leis e realizou un postdoutorado en dereito e filosofía.[3] Traballou como redactor publicitario para Saatchi e Saatchi.[3]

A partir de 1989, convértese en escritor a tempo completo, coa publicación de March Violets (traducido: Violetas de marzo), obra que inicia unha xeira de novelas de suspense histórico ambientados na década do anos 30, na Alemaña nazi, coñecida como Triloxía berlinesa —ou Berlin Noir—, protagonizada polo detective alemán Bernhard «Bernie» Gunther, que se irán desenvolvendo até a Segunda guerra mundial e a guerra fría. Esta serie é a que lle deu máis recoñecemento internacional.

Tamén escribiu outras dúas series de novelas: unha de tipo xuvenil baixo o nome de P. B. Kerr, como a serie Children of the Lamp (traducido: os rapaces da lámpada) e a segunda, recollida como Serie Scott Manson, ambientada no mundo do fútbol, no que o protagonista, Scott Manson, é o segundo adestrador do London City (equipo ficticio da liga inglesa) e debe afronta-lo problemas, deportivos e extradeportivos, polos que pasa o club. Aparecen reflectidos os temas presentes acotío nun club de fútbol: os cartos, as negociacións, os egos dos xogadores, o racismo dalgúns afeccioados ou a homofobia latente.

Tamén realizou un feixe de novelas independentes e foi colaborador de varios xornais como The Sunday Times, London Evening Standard e New Statesman.

Estaba casado coa novelista Jane Thynne coa que tivo tres fillos[4] e vivían en Wimbledon[5], Londres. Finou o 23 de marzo de 2018, a causa do cancro.[6]

Pouco antes de morrer, rematara a derradeira novela protagonizada por Bernie Gunther, Metrópole, que será publicada en 2019.[6]

Premios e honras editar

En 1993, Kerr foi nomeado en Granta, na lista de Mellores Novelistas Novos británicos.

En 2009 recibiu, en España, o III Premio RBA de Novela Policial,​ o de maior dotación da súa especialidade -125 000 euros- por If the Dead Rise Not,[7] cuxa historia transcorre en Berlín, en pleno apoxeo do nazismo, pouco antes das Olimpiadas e a Segunda guerra mundial. Este título forma parte da «serie Bernie Gunther». O mesmo ano, o libro tamén gañou o prestixioso Premio Peters Ellis da Asociación británica de Escritores de Crimes.[8] A súa novela, Prussian Blue, foi escollida para a lista do ano 2018, do Premio Walter Scott de ficción histórica.[9]

Publicacións editar

Novelas editar

Serie Bernie Gunther editar

Serie de novelas de Scott Manson editar

  • January Window (2014). Londres: Head of Zeus. ISBN 978-1784082536
  • Hand of God (2015). Londres: Head of Zeus. ASIN: B00PULYUSW
  • False Nine (2015). Londres: Head of Zeus. ASIN: B00UVK10AS

Novelas independentes editar

Non fiction editar

  • The Penguin Book of Lies (1991) Londres: Penguin Books. ISBN 978-0140157338
  • The Penguin Book of Fights, Feuds and Heartfelt Hatreds: An Anthology of Antipathy (1993) Londres: Penguin Books. ISBN 978-0140156256

Ficción xuvenil (asinado como P. B. Kerr) editar

Notas editar

  1. "Summary Bibliography: Philip Kerr". isfdb.org (en inglés). Consultado o 27-03-2018. 
  2. Europa Publications, ed. (2003). The International Who's Who 2004 67. Psychology Press. p. 875. ISBN 9781857432176. 
  3. 3,0 3,1 Clements, Toby (23-01-2012). "Philip Kerr: Interview". telegraph.co.uk. Consultado o 27-03-2018. 
  4. Summers, Hannah. "Philip Kerr, author of Bernie Gunther novels, dies aged 62". theguardian.com (en inglés). Consultado o 27-03-2018. 
  5. May, Lauren (13-09-2013). "Tom Hanks poised to bring novels of Wimbledon author Philip Kerr to small screen". yourlocalguardian.co.uk. Consultado o 27-03-2018. 
  6. 6,0 6,1 Onwuemezi, Natasha (26-03-2018). "Quercus pays tribute to 'cherished' author Philip Kerr". thebookseller (en inglés). Consultado o 27-03-2018. 
  7. Tremlett, Gilles (4-09-2009). "Philip Kerr wins €125,000 RBA crime writing prize". theguardian.com. Consultado o 27-03-2018. 
  8. "Philip Kerr wins the CWA Ellis Peters Historical Award 2009". Web Archive:The Crime Writer's Association. Archived from the original on 07-11-2013. Consultado o 27-03-2018. 
  9. "The 2018 Prize". The Walter Scott Prize for Historical fiction. Arquivado dende o orixinal o 30-03-2018. Consultado o 27-03-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar