Petur Eiriksson

músico islandés radicado en Galicia

Petur Eiriksson, nado en 1966 en Ólafsvík, Islandia, e finado o 8 de marzo de 2019 na Coruña, foi un músico, o trombón principal da Orquestra Sinfónica de Galicia desde a súa fundación, ademais de compositor, docente e director de coros.

Modelo:BiografíaPetur Eiriksson
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1966 Editar o valor en Wikidata
Ólafsvík, Islandia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetumor cerebral Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrombonista, director de coro, compositor, mestre Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAmy Schimmelman Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Petur Eiriksson naceu na pequena localidade de Ólafsvík, do municipio de Snæfellsbær, na rexión de Vesturland, ao oeste de Islandia. Aos cinco anos a súa familia mudouse a Reikiavik onde, aos 12 anos comezou a tocar o trombón nunha banda escolar e, tras a súa graduación, pasou a tocar na de Svanur, unha das bandas máis antigas de Reykjavik. Estudou con Björn R. Einarsson (intérprete de jazz e trombonista da Orquestra Sinfónica de Islandia e co fillo deste, Oddur Björnsson (director desta Sinfónica).[1][2]

En 1985 comezou a tocar na nova Orquestra Xuvenil da Sinfónica de Islandia, até 1989, tocando ocasionalmente na Ópera e, máis tarde, realizando substitucións na Sinfónica de Islandia e nun quinteto de vento.[1][2]

Xa en 1988 comezara os seus estudos de trombón no New England Conservatory de Boston, simultaneando coa participación nun cuarteto, o que lle facilitou conseguir unha bolsa de estudos na Universidade de Boston. En 1991 trasladouse a España para tocar na Orquestra Sinfónica de Castela e León e, en 1992 ingresou na recentemente creada Orquestra Sinfónica de Galicia,[2] da que formou parte durante 25 anos, participando con ela nas temporadas de ópera da cidade da Coruña. Durante a súa permanencia na orquestra coruñesa tocou ocasionalmente en distintas orquestras españolas, e na The Iceland Symphony. Ademais, compaxinou o seu labor como intérprete coa docencia,[1] a través da Escola de Práctica Orquestral e da Orquestra Xove da OSG.[2]

Eirikisson está considerado como unha parte esencial do núcleo orixinario de músicos que converteu á OSG no que hoxe é. Como presidente do seu comité de empresa loitou por conseguir mellores condicións laborais, de ensaios e organización artística, animado polo seu desexo de convertela nunha grande institución musical e artística. Unha grave enfermidade que nunca quixo ocultar (abriu un blog para poñer nome e apelidos á súa enfermidade no que deu conta do seu longo e doloroso tratamento) apartouno definitivamente da súa profesión en 2017. Pese a iso, non lle deu as coastas á vocación da súa vida: escoitaba os ensaios da OSG partitura en man, tocaba o piano, realizaba arrnxos musicais e escribía novas pezas. Petur, que actuara ás ordes de Claudio Abbado, Lorin Maazel ou Zubin Mehta, tamén dirixiu un coro afeccionado coa mesma entrega, devoción e humildade coa que dirixiría o Wiener Singverein en calquera gran sala de concertos.[2]

In memoriam

editar

A OSG non quixo deixar de mandar unha mensaxe a Eiriksson, unha vez coñecido seu falecemento. «Queremos pensar que un músico extraordinario e, sobre todo, unha persoa decente e boa, nunca chega a irse de todo», publicou no seu perfil de Twitter a formación. «Porque o teu recordo, a tua música, os teus amores, a túa loita, serán un canto á vida», dicía un dos seus compañeiros da OSG, o violinista Florian Vlashi.[3]

Tamén o recordaron os membros da Asociación de Nais e Pais do Conservatorio de Culleredo, xa que, no primeiro trimestre do curso 2017-2018, Eiriksson dirixiu o seu coro nunha actuación do Nadal, a pesar de ser el músico profesional e os integrantes da formación afeccionados. Nas súas redes recordárono tamén seus antigos alumnos, que encontraron no seu exemplo un motivo máis para non afastarse da música.[3]

Vida familiar

editar

Petur Eiriksson estaba casado cunha das trompistas da Sinfónica de Galicia, Amy Schimmelman, coa que tivo tres fillos, Jakob, Isak e Evan.[1]