Peter Demens (nado como Pyotr Alexeyevitch Dementyev, en ruso: Пётр Алексеевич Дементьев), nado o 1 de maioxul./ 13 de maio de 1850greg. e finado o 21 de xaneiro de 1919,[1] foi un nobre ruso que migrou en 1881 aos EUA e converteuse en propietario ferroviario e un dos fundadores da cidade de St. Petersburg, Florida.

Modelo:BiografíaPeter Demens

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Пётр Алексеевич Дементьев Editar o valor en Wikidata
1 de maio de 1849 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Vesyegonsky Uyezd (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Primeiros anos

editar

Pyotr A. Dementyev naceu nunha familia acomodada no raión Vesyegonsky, óblast de Tver, Rusia. Demens era un aristócrata ben formado e de ideas liberais, curmán entregue do Príncipe Romano, e capitán da Garda Imperial. O seu pai morreu cando era pequeno deixándolle dúas propiedades: unha preto da capital do tsar, San Petersburgo, e outra preto de Moscova.[2] A súa nai morreu cando tiña 4 anos.[2] Sábese que medrou nunha casa de pedra con serventes e converteuse no señor dos terreos da familia aos 17 anos.[2] Recibiu formación como gardamontes mentres xestionaba as numerosas propiedades da familia, o que lle sería de grande utilidade no futuro.

Demens foi criado polo seu tío materno Anastassy Alexandrovich Kaliteevsky, mariscal do distrito nobre de Vesyegonsk, que se converteu no seu titor e en gardián das súas propiedades inmobiliarias.[3] Cando tiña 10 anos foi enviado a San Petersburgo a estudar no Gymnasium Nº 3.[3] Grazas ás súas boas notas Demens foi transferido á Primeira Escola Técnica, en San Petersburgo.[3]

En 1867, converteuse en tenente de infantaría da garda do tsar.[2] Foi ascendendo de rango ata estar ao mando dos sentinelas do Palacio de Inverno e da casa do Príncipe herdeiro Alexandre.[2] Catro anos máis tarde dimitiu e dedicouse a ser terratenente.[2] Casou con Raisa Borisenko, que tamén era orfa e fora criada por familiares.[2] Foi elixido mariscal da nobreza municipal e fíxose un escritor cun estilo directo e activo no seu goberno rural.[2] É coñecido que Demens simpatizaba con líderes populistas e nunca tivo ideas radicais ou marxistas.[2]

Comezou a falar abertamente do réxime tsarista e abandonou Rusia despois do asasinato do Tsar Alexandre II en 1881.[2]

Nos Estados Unidos de América

editar

En maio de 1881, "deixando atrás a súa familia, [Demens] chegou en barco a Nova York, coa esperanza da promesa americana de mobilidade e oportunidade".[2] Dise que "pasou a viaxe polo mar a estudar un libro de texto de inglés".[2] "Chegado a Nova York con 3 000 dólares para comezar unha nova vida, Demens embarcou para Florida" ("pasando un día en Nova York antes de coller un tren ao laranxal do seu curmán en Jacksonvillle").[2] Como daquela a terra en Jacksonville era cara para el, Demens colleu "un vapor terra adentro, onde agardaba gañar máis diñeiro".

Decidiu entrar no negocio da madeira ("investindo nun serradoiro e unha construtora en Longwood"),[4] e en 1885 estaba a prover de travesas á compañía de vía estreita Orange Belt Railway. Cando a compañía non puido pagar as súas débedas Demens fíxose coa concesión. Como dono da compañía, Demens "[estendeu] as vías para unir Kissimmee con Jacksonville e Tampa Bay."[2] (coa axuda de Hamilton Disston).[5] Demens endebedouse para completar a liña e vendeuna en 1889 a Henry B. Plant, dono dos ferrocarís Plant System.

Demens co-fundou St. Petersburg con John Constantine Williams Sr. O 8 de xuño de 1888 o primeiro tren chegou á estación terminal do sur do Condado de Pinellas cun só pasaxeiro. O lugar non tiña nome oficial nin rúas ou beirarrúas. Despois de coller a palla máis curta Demen chamou ao lugar onde estaba a terminal St. Petersburg, como San Pertersburgo, na Rusia, onde pasara a metade da súa xuventude. Williams quería chamala Detroit, que máis tarde sería o nome do primeiro hotel da cidade.

Morte e legado

editar
 
O Demens-Tolstoy Estate en Alta Loma, California.

Polo que se sabe, "os descendentes de Peter Demens agora viven en California e na Columbia Británica, [entre os que se atopan] un neto, Peter Demens Tolstoy (tamén sobriño neto do escritor Lev Tolstoy[6]); un bisneto, Greg Demens; e un tataraneto, Greg Demens."[4]

O embarcadoiro Demens en St. Petersburg leva ese nome na súa honra.[7]

En 1979 inaugurouse un monumento de granito en St. Petersburg na memoria do fundador da cidade.

  1. Full Steam Ahead! The Story of Peter Demens. Founder of St. Petersburg, Florida. Albert Parry. p. 4 & p. 47 Great Outdoors Publishing Company. 1987. ISBN 0-8200-1034-0
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Jim Robison. "When Florida Boom Went Bust, Russian Nobleman Turned To Writing". Orlando Sentinel (Florida). OSCEOLA; P. K6. 23 de marzo de 2003.
  3. 3,0 3,1 3,2 Bobrova, Olga. "St. Petersburg: through centuries – On the map of the world: Where are our namesakes?". www.300.years.spb.ru. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2016-07-09. 
  4. 4,0 4,1 William H. Parsons. "Raise a toast to Demens (de-MENS)". St. Petersburg Times (Florida). NEIGHBORHOOD TIMES; GUEST COLUMN; P. 2. 24 de maio de 2000.
  5. Jim Robison. "One-Time Officer In Czar's Guard Became A Railroad Czar In America". Orlando Sentinel (Florida). SEMINOLE; P. K15. 31 de outubro de 1993.
  6. A founding grandfather lives in lore. MONICA DAVEY. St. Petersburg Times (Florida). LARGO-SEMINOLE TIMES; px. 6, 23 de maio de 1994.
  7. "Demens Landing Historical Marker". www.hmdb.org. 10 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gene Burnett. "Florida's Past: People and Events That Shaped the State". Pineapple Press, agosto de 1998. History – 280 páxinas. ISBN 1-56164-115-4
  • Grismer, Karl H. "The Story of St. Petersburg". St. Petersburg, FL: P. K. Smith, 1948.
  • Peter Demens. "My Life in America".
  • Mohoff, George & Jack Valov. "A Stroll Through Russiantown" 1996. Capítulo 13, pp. 83–88, "Captain Peter A. Demens".

Ligazóns externas

editar