Abrir o menú principal

Charles Perrault

(Redirixido desde "Perrault")

Charles Perrault, nado en París o 12 de xaneiro de 1628 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1703, foi un escritor francés. Era irmán de Claude.

Charles Perrault
ChPerrault.jpg
Charles Perrault por Philippe Lallemand, 1665
Nacemento12 de xaneiro de 1628
 París
Falecemento16 de maio de 1703
 París
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterLycée Saint-Louis, Collège de Beauvais e Old University of Orléans
Ocupaciónescritor, poeta, escritor de literatura infantil, guionista, autor, poeta avogado, fairy tales writer e collector of fairy tales
IrmánsPierre Perrault, Claude Perrault e Nicolas Perrault
Coñecido/a porLes Contes de ma mère l'Oye
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no seo dunha acomodada familia burguesa e protexido de Colbert. Asistiu ás mellores escolas e estudou dereito antes de iniciar unha carreira no servizo gobernamental. Tomou parte na creación da Academia das Ciencias e na restauración da Academia de Pintura. Foi secretario da Academia Francesa desde 1663.

En 1687 escribiu o poema O século de Luís o Grande e, en 1688, Comparación entre antigos e modernos, unha alegación en favor dos escritores "modernos" e en contra dos tradicionalistas.

Aos 55 anos escribiu o libro Contos de mamá ganso. A súa publicación comezou a darlle fama entre os seus coñecidos e significou o comezo dun novo estilo de literatura: os contos de fadas. Para os seus relatos, Perrault recorreu a paisaxes que coñecía como o Castelo de Ussé para o conto de A Bela Dormente.

PublicaciónsEditar

Moitas das historias de Perrault seguen publicándose hoxe en día e convertéronse en óperas, obras de teatro e filmes. Algunhas das historias máis famosas de Perrault son: