Charrela

(Redirección desde «Perdiz charrela»)

A charrela,[1] ou perdiz charrela,[2] Perdix perdix, é unha especie ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres comprendidas no xénero Perdix.

Charrela, perdiz charrela
Perdix perdix

Parella de Perdix perdix
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Perdicinae
Xénero: Perdix
Especie: P. perdix
Nome binomial
Perdix perdix
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Perdix perdix Arriba, área nativa Abaixo, introducida
Área de distribución de Perdix perdix
Arriba, área nativa
Abaixo, introducida

Área de distribución de Perdix perdix
Arriba, área nativa
Abaixo, introducida
Distribución de Perdix perdix en Galicia
Distribución de Perdix perdix en Galicia

Distribución de Perdix perdix en Galicia
Subespecies
véxase o texto
Sinonimia
  • Tetrao perdix Linnaeus, 1758

De orixe eurasiática, foi introducida e aclimatada como peza de caza en Norteamérica, onde se distribúe na actualidade nas pradarías do norte dos Estados Unidos e do sur e o leste do Canadá.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 160 da 10ª edición do seu Systema Naturae,[3] co nome de Tetrao perdix.[4]

Etimoloxía editar

Ver a etimoloxía en Perdix.

Subespecies editar

Na actualidade recoñécense nesta especie as oito subespecies seguintes:[3]

Características editar

A charrela é unha ave de entre 29 e 31 cm de lonxitude, ás e cola arredondadas e aspecto gordecho. A fronte, os lados da cabeza e a gorxa son de coloración que vai do laranxa o castaño ferruxento, o lombo e as plumas superiores da cola son gris claras. Os lados e partes laterais do peito teñen bandas castañas, Na metade inferior do papo teñen unha mancha castaña, chamada escudo, que a miúdo falta ou é moi pequena nas femias. O debuxo da plumas cobertoiras dos ombreiros permite diferenciar as femias dos machos: as primeiras teñen listas transversais das que os machos carecen. Tamén o debuxo da parte superior da cabeza cambia segundo os sexos: os machos teñen raias que no caso das femias son manchiñas.[Cómpre referencia]

Bioloxía reprodutora editar

 
Macho de charrela chamando.
 
Ovos de charrela.

A época de apareamento comeza cando se acaba a parte máis dura do inverno. As charrelas establecen parellas monógamas que duran unha estación de cría. Fan o niño no chan, no que se confunden ben grazas á súa plumaxe críptica de fondo gris e castaño con manchas negras, avermelladas e castañas. Poñen entre 10 e 25 ovos, que chocan unhas tres semanas. As femias defenden o niño con forza e moitas veces non o abandonan ata o último momento, aínda que a ameaza sexa evidente. Cando os polos saen do ovo móvense en grupos familiares. Cando se atopan dúas familias durante a época de cría, poden ter lugar fortes disputas. Só a finais do outono se forman bandos compostos por varias familias. Durante o inverno as poboacións redúcense moito, malia a resistencia das charrelas ó frío.[Cómpre referencia]

As charrelas son moi fieis ós seus territorios e os exemplares novos adoitan asentarse preto dos adultos.[Cómpre referencia]

Status editar

A distribución xeográfica e o número de exemplares vense ameazados polos cambios nos sistemas agrícolas, sobre todo a mecanización das colleitas. A IUCN calcula a poboación total da charrela entre 2,5 e 5 millóns de exemplares, polo que, malia o lixeiro retroceso da especie, a cualifica como "non ameazada".

Nomes vulgares noutras linguas editar

  • Alemán: Rebhuhn
  • Catalán: Perdiu xerra
  • Danés: Agerhøne
  • Español: Perdiz pardilla
  • Euskara: Eper gris
  • Francés: Perdrix grise
  • Inglés: Grey Partridge
  • Italiano: Starna
  • Neerlandés: Patrijs
  • Polaco: Kuropatwa
  • Sueco: Rapphöna

Notas = editar

  1. chrrela no Dicionario da RAG.
  2. Penas Patiño & Dapía Sanchez 1995, p. 395.
  3. 3,0 3,1 Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  4. Tetrao, na páx. 160 do Systema Naturae linneano.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar