Paulo Novás

mestre e político galego
(Redirección desde «Paulo Novás Souto»)

Paulo Novás Souto, nado en São Paulo o 16 de abril de 1899[1] e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Modelo:BiografíaPaulo Novás
Biografía
Nacemento16 de abril de 1899 Editar o valor en Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11144
Arriba, á dereita, con traxe escuro e gravata, Paulo Novás co alumnado do Instituto.

Traxectoria

editar
 
Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12/11/1936.

Nado no Brasil, retornou coa familia a Galicia sendo novo. Fíxose mestre polo Plano de Estudos de 1914. Foi mestre da escola mixta de Sacos, Cotobade (1925-1927), e despois en Cobres, Vilaboa. Creada en 1931 unha sección de Escola Preparatoria de Ingreso no Instituto de Pontevedra, accedeu a esta praza. Pertenceu á comisión organizadora da Casa del Maestro de Pontevedra. Militou de Acción Republicana,[2] e despois en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.[3]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 46. 
  2. Tribuna, 6-8-1933, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar