Pauline Kael (|keɪl|), nada en Petaluma (California) o 19 de xuño de 1919 e finada en Great Barrington (Massachusetts) o 3 de setembro de 2001, foi unha crítica de cinema estadounidense que escribiu na revista The New Yorker entre 1968 e 1991. Kael foi célebre polas súas críticas "enxeñosas, mordaces, altamente nesgadas e rapidamente enfocadas",[1] opinións moitas veces contrarias ás dos seus contemporáneos. Foi unha das críticas de cinema máis influentes do seu tempo.[2][3]

Infotaula de personaPauline Kael

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1919 Editar o valor em Wikidata
Petaluma, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Great Barrington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Párkinson Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncrítica de cinema , escritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0434461 Allocine: 522846 Rottentomatoes: critics/pauline-kael Metacritic: critic/pauline-kael
Discogs: 4960040 Editar o valor em Wikidata

Deixou unha duradeira impresión en varios críticos destacados. Roger Ebert indicou nun obituario que "tiña unha influencia máis positiva no ambiente do cinema dos Estados Unidos que calquera outro individuo nas últimas tres décadas". Kael, dixo, "non tiña teoría, nin regras, nin guías, nin padróns obxectivos. Non podías aplicar a súa 'aproximación' a un filme. Con ela, todo era persoal".[4] Owen Gleiberman dixo que ela "foi máis que unha grande crítica. Reinventou a forma e foi pioneira dunha estética completa da escritura".

Opinións editar

As opinións de Kael moitas veces ían en contra do consenso dos seus compañeiros críticos. Ocasionalmente, defendía filmes que eran considerados fracasos de crítica, como Os guerreiros e O derradeiro tango en París.[5] Tampouco foi especialmente cruel contra algúns filmes que foron deplorados por moitos críticos, como Man of La Mancha (1972), en que eloxiou a interpretación de Sophia Loren. Tamén criticou filmes admirados en todas as partas, como A soidade do corredor de fondo, Lawrence de Arabia,[6] moitos cinema underground (que o chamou "unha criatura de publicidade e parabéns mutuos sobre a arte"), moitos filmes de estudantes ("composicións de novatos"),[7] Que fermoso é vivir, Shoah ou 2001: Unha odisea do espazo, que definiu como un "filme monumentalmente sen imaxinación". A orixinalidade das súas opinións, así como o xeito contundente en que as expresaba, valeulle ardentes seguidores e irados críticos e fans.[8]

As súas críticas incluíron o desprezo de West Side Story (1961), o que provocou duras respostas dos seguidores do filme, eufóricas críticas a Z e MASH que resultaron en enormes incrementos na popularidade deses filmes e eloxios entusiastas aos primeiros filmes de Brian De Palma. A súa crítica de Nashville de Robert Altman (1975) publicouse varios meses antes de que o filme fose realmente completado, nun intento de evitar que o estudio remontase o filme e para catapultalo ao éxito.

Kael gustaba dos filmes de antiheroes que violaban os tabús referidos ao sexo e á violencia; isto supostamente distanciou algúns dos seus lectores. Con todo, denostou Cowboy de medianoite (1969), filme de antiheroes categorizado X que gañou o Óscar ao mellor filme. Tampouco lle gustaban os filmes que consideraba que eran manipuladores ou atraían de xeito superficial actitudes e sentimentos convencionais. Foi particularmente crítica con Clint Eastwood: os artigos sobre os seus filmes e a súa interpretación, eran sonoramente negativos. Ela comezou a ser coñecida como a súa némese.[9]

Cita sobre Nixon editar

En decembro de 1972, un mes despois de que Richard Nixon foi reelixido presidente, Kael deu unha conferencia na Asociación de Linguas Modernas, durante a que dixo, "vivo nun mundo bastante especial. Só coñezo unha persoa que votase a Nixon. Onde están, non o sei. Están fóra da miña comprensión. Pero ás veces cando estou nun cine podo sentilas".[10] Un artigo sobre a conferencia en The New York Times incluíu a cita.[11][12]

A cita axiña converteuse nunha lenda urbana segundo a que Kael dixera algo como "non podo crer que Nixon gañase. Non coñezo ninguén que votase por el".[13] Esta cita errónea, que engadía un elemento de sorpresa, foi empregada nos corenta anos seguinte polos conservadores (como por Bernard Goldberg no seu libro de 2001 Bias) como un exemplo do illamento entre a elite liberal.[14][15] A frase "non podo crer que Nixo gañase" tamén foi atribuída a outras escritoras liberais, como Katharine Graham, Susan Sontag e Joan Didion,[16] e tamén se dixo que se fixera en referencia á reelección de Ronald Reagan en 1984.[17]

Libros editar

Notas editar

  1. "Pauline Kael". Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2006. Consultado o 1 de setembro de 2006. 
  2. Van Gelder, Lawrence (4 de setembro de 2001). "Pauline Kael, Provocative and Widely Imitated New Yorker Film Critic, Dies at 82". The New York Times. Consultado o 25 de marzo de 2008. 
  3. "Remembering Pauline Kael". New Yorker. Consultado o 1 de setembro de 2006. 
  4. Ebert, Roger (22 de outubro de 2011). "Knocked up at the movies". Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  5. "Pauline Kael". geocities.ws. 
  6. Pauline Kael: Last Broadcast, KPFA and Report to the Subscriber by Trevor Thomas.-Internet Archive
  7. Film since World War Two - Pauline Kael 1968:Pacifica Radio Archives-Internet Archive
  8. Pauline Kael's last broadcasts.-Internet Archive
  9. FilmInt. Film International. 2007. p. 22. Consultado o 13 de agosto de 2011. 
  10. Orixinal en inglés: I live in a rather special world. I only know one person who voted for Nixon. Where they are I don't know. They're outside my ken. But sometimes when I'm in a theater I can feel them.
  11. Shenker, Israel (28 de decembro de 1972). "2 Critics Here Focus on Films As Language Conference Opens". The New York Times. Consultado o 18 de abril de 2007. 
  12. Brody, Richard (24 de febreiro de 2011). "My Oscar Picks". The New Yorker. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  13. Podhoretz, John (27 de febreiro de 2011). "The Actual Pauline Kael Quote—Not As Bad, and Worse". Commentary. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  14. Sullivan, Robert David (30 de xuño de 2008). "Changing the polarized electoral landscape". The Boston Globe. Consultado o 5 de xuño de 2011. 
  15. Barnes, Joe (17 de outubro de 2012). "Beware the Pauline Kael syndrome". James A. Baker III Institute for Public Policy blog. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  16. Brooks, David (29 de xuño de 1998). "David Brooks and Susan Estrich". Slate. 
  17. Taranto, James (3 de maio de 2007). "From the WSJ Opinion Archives". Wall Street Journal. Consultado o 8 de novembro de 2008. 
  18. Kael, Pauline; Welles, Orson; Mankiewicz, Herman J. (1971). The Citizen Kane Book. Boston: Little, Brown and Company. OCLC 209252. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar