Z (filme)

filme franco-alxeriano de 1969 dirixido por Costa-Gavras

Z é un filme franco-alxeriano de 1969 dirixido por Costa-Gavras. O guión é obra de Gavras e Jorge Semprún, e baséase na novela homónima de 1966 escrita por Vassilis Vassilikos. O filme presenta unha versión lixeiramente ficcionalizada dos eventos arredor do asasinato do político demócrata grego Grigoris Lambrakis en 1963. Coa súa visión satírica da política grega, o seu escuro sentido do humor e o seu final sombrío, o filme captura a indignación pola ditadura militar que gobernou Grecia durante a época da rodaxe.

Z
Ficha técnica
Título orixinalZ
DirectorCosta-Gavras
Produtor
Guión
Baseado enZ de Vassilis Vassilikos
Intérpretes
MúsicaMikis Theodorakis
FotografíaRaoul Coutard
MontaxeFrançoise Bonnot
Estudio
  • Office National pour le Commerce et l'Industrie Cinématographique
  • Reggane Films
  • Valoria Films
DistribuidoraCinema V (USA)
EstreaFrancia 26 de febreiro de 1969
Festival de Cannes: maio de 1969
Duración127 minutos[1]
Orixe Alxeria
Francia
XéneroÉpico e dramático
Recadación17,3 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0065234 Filmaffinity: 845433 Allocine: 5493 Rottentomatoes: m/z Allmovie: am16217 TCM: 96627 Metacritic: movie/z-1969 Editar o valor en Wikidata

O filme vendeu un total de 3 952 913 de entradas en Francia e foi o cuarto filme con maior recadación dese ano no país.[3] Tamén foi o décimo segundo filme con maior recadación de 1969 nos Estados Unidos. Z tamén foi o primeiro filme en ser nomeado nos Premios Óscar ó mellor filme e mellor filme en lingua non inglesa, gañando o último. Tamén acadou o Premio do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes, o BAFTA á mellor banda sonora e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa; na 27ª edición dos Globos de Ouro, os produtores de Z rexeitaron o premio en protesta contra a exclusión do filme na categoría de mellor filme dramático.[4]

Personaxes

editar
  1. British Board of Film Classification, ed. (25 de setembro de 1969). "Z (A)". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2016. 
  2. "Top Grossing Independent Films". Variety: A52. 21 de febreiro de 1994. 
  3. "Z (1969)- JPBox-Office". jpbox-office.com. 
  4. Golden Globes website (ed.). "Trivia". Consultado o 2 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar