Paulette Goddard

actriz estadounidense

Pauline Marion Levy, coñecida polo nome artístico de Paulette Goddard, nada o 3 de xuño de 1910 en Nova York e finada o 23 de abril de 1990 en Ronco sopra Ascona, Ticino, Suíza, foi unha actriz de cinema estadounidense.

Paulette Goddard
Nome completoMarion Goddard Levy
Nacemento3 de xuño de 1910 e 3 de xuño de 1911
LugarQueens e Nova York
Falecemento23 de abril de 1990
LugarRonco sopra Ascona
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoTesino
NacionalidadeEstados Unidos de América
Cónxuxe(s)Charlie Chaplin, Burgess Meredith e Erich Maria Remarque
Profesiónactriz, produtora, modelo, actriz de teatro, actriz de televisión e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0002104 Allocine: 4952 Allmovie: p27336 TCM: 72554 TV.com: people/paulette-goddard IBDB: 85461
Musicbrainz: 2ee41ca6-4a5f-4dfc-8ca9-3cb25f4d005b Discogs: 1050881 WikiTree: Levy-1000 Find a Grave: 8972 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Whitestone Landing, Queens, Long Island. Foi a única filla de Joseph Russell Levy, xudeu, e Alta Mae Goddard, quen pertencía á igrexa episcopal e tiña ascendencia británica.[1] Os seus pais divorciáronse cando ela era moi pequena, e foi criada pola súa nai. O seu pai practicamente desapareceu da súa vida, e regresou a finais da década de 1930, despois de que ela se volveu famosa. Ao principio, a súa nova relación co seu pai parecía moi boa e ían xuntos aos éxitos no cine, pero máis adiante el demandouna legalmente cando leu unha entrevista nunha revista onde afirmaba que el non era o seu pai e que a abandonou na súa infancia. Nunca se reconciliaron. Ao morrer, el deixoulle unicamente un dólar no seu testamento. Ela tivo sempre unha relación próxima coa súa nai.

Charles Goddard, o seu tío avó, axudou a súa sobriña neta a atopar emprego como modelo publicitaria, e logo, entre 1924 e 1928, unha das nenas Ziegfeld na compañía musical Ziegfeld Follies, de Florenz Ziegfeld. Asistiu á Preparatoria Washington Irving de Manhattan ao mesmo tempo que quen tamén sería actriz, Claire Trevor.

Tras casar cun millonario chamado Edgar James, trasladouse a vivir a Hollywood. A principios dos anos 30 participou en papeis secundarios en obras como City Streets (1931), de Rouben Mamoulian, con Gary Cooper e Sylvia Sidney, ou en The Kid from Spain (1932), de Leo McCarey, xunto a Eddie Cantor.

En 1936 rodou, xunto a Charlie Chaplin, Modern Times (1936), a última película na que aparece Charlot como personaxe. Despois de gravarse a película crese que casaron nunha cerimonia secreta, pero foi unha relación sentimental da cal nunca chegou a concretar nada publicamente, por acordo de ambos. Catro anos despois volveron rodar xuntos un novo filme, O gran ditador (1940), película crítica contra o nazismo alemán e, por extensión, contra todos os fascismos e ditaduras. Ambos os títulos conforman dúas das obras mestras do xenial director, o que non evitou que ese mesmo ano se rompese o matrimonio.

Estivo tamén casada co actor Burgess Meredith entre o 1944 e 1950 e finalmente con Erich Maria Remarque de 1958 ata 1970.

Notas editar