Abrir o menú principal

Paula Sueiro Rodríguez, nada en Corme (Ponteceso) o 27 de xullo de 1995 e falecida na Agualada (Coristanco) o 8 de febreiro de 2016[1], foi unha artista e cantante galega.

Paula Sueiro
Nacemento27 de xullo de 1995
 Ponteceso
Falecemento8 de febreiro de 2016
 A Agualada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Sueiro deuse a coñecer como cantante en 2014 no programa Luar da TVG, na sección Recanteiros, onde se exploraban talentos comarcais. Nel participou varias veces representando a Costa da Morte. O programa tivo varias edicións anuais (2014 e 2015) e Sueiro integrouse no elenco habitual de presentadores do programa.

Ademais, Sueiro foi a impulsora dun concurso de busca de talentos musicais na comarca do comarca do Deza que chamou #Escóitame[2]. Neste proxecto tamén participou a lalinense Nelly Portas, recanteira como Sueiro. Tamén colaborou co Concello de Lalín e a Xunta de Galicia na gravación dun tema musical, nunha campaña institucional contra a violencia de xénero, neste caso a canda Silvia Villanueva[3].

Vida persoalEditar

Nada en Corme, era filla dunha muller de Zas e dun home de Corme, mudouse cun só uns días a vivir a Lalín, mais mantivo relación persoal e profesional coa Costa da Morte toda a súa vida. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

Finou nun accidente de automóbil ao saír da estrada o vehículo que guiaba e bater contra un poste[1].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Muere la cantante gallega Paula Sueiro en un accidente de tráfico". Faro de Vigo (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 
  2. "«Escóitame é un proxecto no que darlle voz a quen canta»". La Voz de Galicia. 23 de xullo de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 
  3. "Una canción desde Lalín contra la violencia de género". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 

Véxase taménEditar