A Agualada, Coristanco
San Lourenzo da Agualada é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 532 habitantes (283 mulleres e 249 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 687 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 577 habitantes, sendo 262 homes e 315 mulleres.
A Agualada | |
---|---|
Cruceiro e igrexa de San Lourenzo da Agualada. | |
Concello | Coristanco[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°10′45″N 8°45′53″O / 43.179083333333, -8.7646666666667 |
Poboación | 532 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desta parroquia, provén a nai de Arturo Cuadrado e máis tarde este viría a vivir aquí ao falecer seu pai.
Topónimo
editarSegundo Fernando Cabeza Quiles, a palabra "Agualada" pode vir do latín "aqualata" [corrente de auga que, polo xeral, vai encanada] e cítase en documentos dos anos 816, 978 e 1119 nos que aparecen respectivamente: ad Agualata, Uilla Aqualevata e per Aguam Ladam.[2]
O nome do lugar do Anido podería proceder de Anius, unha propiedade pola que o seu dono pasaría a chamarse Anido, seguramente derivado de annitor (apoiarse; así, podería ter o significado de "unido"). A Brañeira, terreo de drenaxe difícil que se manifesta en forma de braña. Figueiroa parece indicar abundante en pequenas figueiras, "figueriola". O Outeiro, de altariu, significa sitio elevado.
Lugares e parroquias
editarLugares da Agualada
editarLugares da parroquia da Agualada no concello de Coristanco (A Coruña) | |
---|---|
Agrilloi de Abaixo | Agrilloi de Arriba | O Anido | Bormoio | A Brañeira | O Cerrapio | O Cubo | A Fieiteira | Figueiroa | O Outeiro | A Pedreira | Salgueiras |
Parroquias de Coristanco
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco.As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |