Paula Carballido
Paula Carballido Romero, nada en Molina de Segura o 30 de xuño de 1979, é unha exnadadora galega. Foi varias veces campioa de España, competiu nos Xogos Olímpicos de 2000 en Atenas e gañou tres medallas de ouro nos Xogos Mediterráneos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1979 (45 anos) Molina de Segura, España |
Actividade | |
Ocupación | nadadora |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | natación |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
Traxectoria
editarNaceu na localidade murciana de Molina de Segura, sendo filla de dous galegos, e dende moi pequena viviu en Pontevedra.[1] Comezou a nadar aos 12 anos e entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, e máis tarde na Residencia "Joaquín Blume" de Madrid.[1]
Con só 14 anos proclamouse campioa galega absoluta dos 100 metros libres, e ao ano seguinte obtivo os títulos dos 100, 200, 400 e 800 metros.[2][3] Continuou coa súa progresión, batendo numerosos récords galegos,[4] e en 1998 foi subcampioa de España absoluta en 400 metros estilos. Posteriormente foi subcampioa tamén nos 100 e nos 200 metros libres, e bateu o récord de España de 4x200, xunto a Laura Roca, María Peláez e Ángeles Bardina.[5][6] Disputou os Campionatos Europeos de Natación de 1999 en Istambul e de 2000 en Helsinqui, logrando neste último o quinto posto e a clasificación olímpica.
Participou nos Xogos Olímpicos de Sydney con 21 anos, disputando a proba de 4x200 metros libres, xunto ás catalás Paula Roca, Àngels Bardina e Natalia Cabrerizo,[7] rematando na 13ª posición.[8] Durante os seguintes tres anos logrou seis títulos de campioa de España, tres de inverno e tres de verán, en diferentes modalidades, e bateu varios récords de España.[9][10][11][12] Internacionalmente participou no Mundial de Natación de 2001 en Fukuoka, obtendo o quinto posto en 4x200 libres, e ese mesmo ano gañou tres medallas de ouro nos Xogos Mediterráneos de Tunes, nas modalidades de 200 m estilos, 400 m estilos e 4x200 libre.[13] En 2003 disputou un novo Mundial en Barcelona, participando nos 200 e 400 estilos, pero sen lograr o pase a ningunha das dúas finais.
No 2003 tivo que se someter a unha cirurxía por unha rotura de fibras nun tendón dun ombreiro, e aínda que se recuperou e conseguiu bater un novo récord de España, tivo que volver ao quirófano para se operar do escafoide dunha man. O óso non acabou por se rexenerar e quedou cunha discapacidade na man, acabándose así a súa carreira deportiva.[14][7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Pérez Puga, Luisa (4 de agosto de 2000). "«Me encanta que me premien»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "La júnior Paula Carballido, campeona gallega absoluta de natación en A Malata". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de febreiro de 1994. p. 54.
- ↑ "El Budo venció en féminas y enjúnior en el autonómico de verano". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 1995. p. 45.
- ↑ "Progresión dos récords galegos de natación" (PDF). Federación Galega de Natación. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Paula Carballido logra la mínima para el Europeo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de abril de 2000. p. 58.
- ↑ "Carballido estará en el europeo de Estambul". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de abril de 1999. p. 58.
- ↑ 7,0 7,1 "200 metros irrepetibles" (en castelán). 20 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "4x200 libres nos Xogos Olímpicos de 2000". sports-reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Campións de España de Verán" (PDF) (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Campións de España de Inverno" (PDF) (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "La reina de la piscina corta". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de decembro de 2000. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Carballido, récord de España" (en castelán). 22 de marzo de 2003. Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ "Resultados Xogos Mediterráneos 2001" (PDF) (en francés). Consultado o 17 de setembro de 2021.
- ↑ Soto, Nino (24 de abril de 2012). "«Bea es la mejor nadadora gallega de todos los tiempos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Carballido Romero, Paula". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Datos da nadadora no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en castelán).
- Datos da nadadora en olympedia.org (en inglés).