Patrimonio da Humanidade en Galicia

Localización dos sitios de Galicia na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Galicia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. España ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 4 de maio de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

O primeiro sitio en Galicia que se inscribiu foi a Cidade vella de Santiago de Compostela, que foi inscrita na 9ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 1985.[4] Os seguintes lugares que foron incluídos entre o Patrimonio da Humanidade foron o Camiño de Santiago (1993), compartido con outras rexións europeas,[5] a Muralla de Lugo (2000)[6] e a Torre de Hércules (2009).[7] Os catro sitios son culturais.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade editar

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: das provincias de Galicia
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[8]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición Ref
01 Cidade vella de Santiago de Compostela   Santiago de Compostela 1985 347; ; I, II, VI (cultural) A catedral de Santiago de Compostela é o probable lugar de enterramento do apóstolo Santiago, e é o termo do Camiño de Santiago, unha peregrinación polo norte de España. A cidade foi destruída polos mouros no século X e reconstruída no século seguinte. [9]
02 Camiño de Santiago: Camiño Francés e rutas do norte.   Aragón, Castela e León, Galicia, Navarra, Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa 1993 669; II, IV, VI (cultural) O Camiño de Santiago, é unha peregrinación desde a fronteira franco-española ata a catedral de Santiago de Compostela, onde crese que esta enterrado o apóstolo Santiago. En 2015 ampliouse o sitio coas rutas do norte (Camiño Primitivo e Camiño do Norte). [10][11]
03 Muralla romana de Lugo   Lugo 2000 987; IV (cultural) As murallas construídas para protexer a cidade romana de Lugo no século III mantéñanse totalmente intactas e son o mellor exemplo que queda en Europa occidental. [12]
04 Torre de Hércules   A Coruña 2009 1312; III (cultural) Os romanos construíron este faro de 55 m de altura sobre unha rocha de 57 m para marcar a entrada do porto da Coruña. É o único faro romano totalmente conservado e funcionando. [13]

Lista de candidatos editar

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de candidaturas que se poderían considerar para o nomeamento. Os nomeamentos para a lista do patrimonio mundial acéptanse soamente se o sitio foi previamente mencionados na lista de candidatos. Os lugares de Galicia rexistrados como candidatos xunto co ano en que foron incluídos na lista provisional son:[14]

  1. A Ribeira Sacra, Lugo e Ourense (1996)
  2. Ancares - Somiedo (2007)
  3. Patrimonio histórico do Ferrol da ilustración (2007)
  4. Parque Nacional das Illas Atlánticas (2018)
  5. Grupo de edificios mozárabes na Península Ibérica (2019; inclúe a capela de San Miguel de Celanova)[15]

Notas editar

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "Spain – Properties inscribed on the World Heritage List". UNESCO. Consultado o 17 setembro 2010. 
  4. Comité do Patrimonio Mundial, Informe da 9ª Sesión, 1985 (en inglés)
  5. "Route of Santiago de Compostela" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 
  6. Centre, UNESCO World Heritage. "Roman Walls of Lugo". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-07-06. 
  7. vieiros.com, ed. (27-06-09). "A Torre de Hércules xa é Patrimonio da Humanidade". Consultado o 27-06-09. 
  8. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  9. "Santiago de Compostela (Old Town)". UNESCO. Consultado o 15 setembro 2010. 
  10. "Route of Santiago de Compostela". UNESCO. Consultado o 15 setembro 2010. 
  11. "Sites in Japan, Turkey, Mexico, Uruguay inscribed on UNESCO’s World Heritage List, extension of Spanish site approved" (en inglés). UNESCO. 5 de xullo de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  12. "Roman Walls of Lugo". UNESCO. Consultado o 17 setembro 2010. 
  13. "Tower of Hercules". UNESCO. Consultado o 15 setembro 2010. 
  14. "Tentative Lists" (en inglés). 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 17-06-2022. 
  15. Group of Mozarabic buildings on the Iberian Peninsula (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar