Parque Natural do Cap de Creus

O Parque Natural de Cap de Creus sitúase en Cataluña, na provincia de Xirona. Protexe o extremo oriental da Península Ibérica. Está formado por tres unidades xeográficas ben diferenciadas: ó norte a Serra de Rodes, ó sur a península de Cap de Creus e unha terceira unidade formado polos fondos mariños incluídos no parque.

Modelo:Xeografía físicaParque Natural do Cap de Creus
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
área protexida da rede Natura 2000 Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEl Port de la Selva, España, Llançà, España, Palau-saverdera, España, Pau, España, Roses, España, La Selva de Mar, España e Vilajuïga, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°18′N 3°13′L / 42.3, 3.22
Características
Superficie13.924,13221 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349127 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES5120007 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación12 de marzo de 1998 e 1998 Editar o valor en Wikidata

Sitio webparcsnaturals.gencat.cat… Editar o valor en Wikidata
Facebook: PNCapDeCreus Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A sede do parque sitúase no mosteiro de Sant Pere de Rodes. Centro de poder político e relixioso xa no século XIII. Dende aquela vai acontecer a deforestación masiva e o aproveitamento dos pastos. Posteriormente o século XIX vai ser a época do cultivo da vide, traballada en terreos sostidos por centos de muros de pedra seca que van conformar a típica paisaxe que aínda hoxe en día e visible no parque.

A expansión turística dos anos 60 e 70 do século XX vai pasar inadvertido grazas ó relativo alleamento da zona e a presenza da base militar da Falconera. Porén na década dos anos 80 e debido a unha serie de novos ​proxectos urbanísticos tales coma urbanizacións, vertedeiros e campos de golf, van ser testemuñas dunha nova conciencia ambiental que vía necesaria a protección legal do territorio. Grazas a diversas campañas dos cidadáns e do apoio da comunidade científica e cultural (nomear soamente a grande influencia de Salvador Dalí) vaise aprobar a creación do parque o 12 de marzo do 1998.

A especulación urbanística e o impacto da poboación estacional (os habitantes temporais superan ós habitantes permanentes) son os meirandes perigos ós que se enfronta o parque actualmente.​ O Parque Natural é un exemplo da complexidade legal que afecta a algúns dos espazos protexidos de Cataluña. Dentro dos límites do parque existen tres paraxes naturais, dúas reservas naturais integrais e dúas reservas naturais parciais. Nalgunhas ocasións unha determinada zona pode ser estar protexida por máis dunha figura de protección. Esta situación creada pola Lei4/1998 foi posteriormente emendada pola resolución MAH/2618/2006.​ Posteriormente, no ano 2001, a zona do Cap de Creus foi declarada Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo (ZEPIM) polo Convenio de Barcelona.[1]

Orografía

editar

A orografía e a paisaxe son os aspectos máis salientables do parque. Debido ó forte vento de Tramuntana e á humidade mariña, a costa de Cap de Creus é irregular e dotada de siluetas dunha gran singularidade. Ademais ó non existir unha capa vexetal mesta, a paisaxe de rochas móstrase visible con todas as súas características. Exemplos desta excepcionalidade son os xistos e as pegmatitas, formacións rochosas de 500 e 300 millóns de anos respectivamente [2]

Influencias culturais

editar

O península do Cabo de Creus grazas a súa situación xeográfica e a súa variedade e complexidade de paisaxes ten sido fonte de inspiración e traballo para gran diversidade de artistas, escritores e científicos. De feito o areal de Cativa vai ser o escenario da primeira escavación arqueolóxica submarina en España. Durante os días 21 e 22 e agosto do 1894 recuperáronse dos fondos mariños ánforas e outros obxectos de gran valor histórico[3]

Entre os escritores, que se van inspirar no Cabo de Creus, podemos nomear ós cataláns Fages de Climent cá súa obra El somni de Cap de Creus, a Josep Maria Sagarra co libro All i salobre ou o poema Vinyes verdes vora el mar (posteriormente musicado por Lluís Llach) e Josep Pla coa Guía de la Costa Brava.

Entre os pintores nomear a Antoni Pitxot. Unha das súas obras, inspiradas nas praias de Cabo de Creus, é o emblema actual do Museo de Xeoloxía de Cadaqués.

Mais sen dúbida a influencia máis notable é a de Salvador Dalí. O pintor, residiu e traballou na localidade de Cadaqués durante moitos anos (dende o 1929 ata a 1982, no que morreu a súa muller Gala). De feito parte das súas obras están directamente inspiradas nas paisaxes de Creus, coma por exemplo El gran masturbador. Ademais moitos artistas de sona internacional (Federico García Lorca no 1925 ou René Magritte, Paul Éluard e Luis Buñuel no 1929) coñeceron a zona por invitación directa do pintor.

Actualmente esta localidade alberga dous museos adicados a súa figura e obra: son o museo de Cadaqués e a Casa Museo Salvador Dalí[4].

Noutros casos a fonte de inspiración non van ser as vistas ou rochas do Cabo senón as personaxes locais. Por exemplo, unha muller de peculiar personalidade, chamada Lidia de Cadaques vai inspirar a Eugeni d'Ors a escribir La verdadera historia de Lidia de Cadaqués, con ilustracións do propio Dalí.

Biolóxicamente destaca a presenza de especies de flora consideradas raras. Algúns estudos chegan a citar ata 49 especies de flora vascular nesta categoría[5]. Estas especies vexetais están adaptadas á forza do vento, á gran salinidade atmosférica e á dureza do terreo.

As aves son as especies mellor adaptadas e máis frecuentes no parque. De feito algúns estudos teñen citado ata 90 especies nidificantes. Algunhas das cales son de protección prioritaria segundo a Directiva de aves da Unión Europea 79/409/EEC.[6]. Podemos nomear coma exemplos, dende o corvo mariño cristado ata o paíño pequeno, pasando polo Picanzo pequeno. Existen tamén tres tipos de pardela: a balear, a mediterránea e a cincenta. Esporadicamente téñense observado mamíferos mariños como o golfiño riscado, o arroaz ou o rorcual común, e entre os réptiles a tartaruga mariña común e a tartaruga de coiro.

Medio Mariño

editar

As praderías mariñas

editar
 
Praderias de Posidonia.

Preto do 90% do ámbito mariño protexido ten un substrato detrítico, é dicir de area ou lama. Sobre este terreo, entre a superficie e uns 20 metros de profundidade atopamos as praderías sumariñas, fundamentalmente formadas por posidonias (Posidonia Oceanica). Estas formación de posidonias son propias do mar Mediterráneo e atópanse en regresión debido ó cambio climático[7]. Estas praderías son o hábitat de numerosas especies de peixes e invertebrados. Algunhas delas, pouco frecuentes, mais de grande interese faunístico e ecolóxico. Como exemplo, nomear as dúas especies de cabaliños do mar que viven no parque: o Hippocampus hippocampus e o Hippocampus ramulosus.​

O ambiente coralino

editar

Trátase dun ambiente de gran valor ecolóxico que se atopa sobre todo naqueles terreos rochosos máis profundos. Nestes niveis no que a luminosidade é baixa ou moi baixa, as especies dominantes son a gorgonia vermella (Paramuricea Clavata) e o coral (corallium rubrum). Especies moi ​delicadas e que son obxecto dunha protección especial. De feito a extracción do coral atópase totalmente prohibida nas tres reservas mariñas ​do parque pola lei MAH/293/2005[8], mentres que no resto de zonas esta actividade é regulada a través de vedas para asegurar a supervivencia da especie[9].​

Tamén podemos atopar outra especies máis escasas coma os Microcormus Sabatieri, Luria Lurida, a corna (Charonia Nodifera), o Hypselodoris Villafranca, o Scyllarides latus, o Galathea Strigosa, o chucho Myliobatis Aquila, a ouxa (Dasyatis pastinaca) e a roxa (Scyliorhinus stellaris).

  1. Web Resumo do Convenio de Barcelona (en castelán)
  2. Itinerari 17 - Tudela, Editado polo Parque Natural de Cap de Creus.
  3. Cap de Creus: espai natural, espai cultural. Por Josep M. Dacosta. Revista de Girona, número 198. Xaneiro-Febreiro 2000 (en catalán)
  4. Web Oficial da Casa Museo de Salvador Dalí Arquivado 28 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en catalán) (en castelán)
  5. Josep M. Mallarach Carrera, Josep Germain Otzet, Xavier Sabaté Rotés, Xavier Basoca Roca. "Avaluació del sistema d'espais naturals protegits de Catalunya" Capítulo 4 - "El sistema d'espais naturals protegits de Catalunya", Setembro do 2008.
  6. L’avifauna del Parc Natural de Cap de Creus durant l’any 1999. Autor: Alexandre Omedes i Salinas. Revista de Girona, número 198, xaneiro-febreiro 2000 (en catalán)
  7. "Artigo na Voz de Galicia sobre a posible desaparición da Posidonia no Mediterráneo.". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2012. 
  8. Lei MAH/293/2005 no Diario Oficial da Generalitat de Cataluña (en catalán)
  9. Cataluña regula a pesca do coral vermello no 2012, Artigo da web agrodigital.com (en castelán)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Flora i Fauna del Parc Natural de Cap de Creus Guie il.lustrades de natura – Toni Llobet François. Editat per: PN de Cap de Creus e Departament de Medi Ambient i Habitatge de la Generalitat de Catalunya. Xaneiro 2009. Brau Edicions. www.brauedicions.com (en catalán).
  • Catalunya, natura viva. DVD-2 "Parque Natural de Interés Nacional de L´Albera y Cap de Creus " Ano 2005. Publicado por TV3, Televisió de Catalunya (en catalán).

Ligazóns externas

editar